Eva Veiga interroga á vida en «A luz e as súas cicatrices»

A escritora recupera «a verdade da infancia» neste novo poemario Luz Pozo e Chisco Fernández Naval salientaron o carácter positivo do libro na súa presentación


a coruña

(Ed. Esquío) non debe dar medo. É un libro de lectura doada porque está feito coa auga, co aire, ca luz e co lume..., cos asombros e cas perplexidades da infancia. Eva Veiga reflexiona nel sobre a condición fuxitiva do tempo, -«como fago en case todos», explicou- e faino dende a recuperación da memoria.A xornalista e escritora, que presentou onte na Fundación Caixa Galicia da Coruña o seu último traballo, busca en A luz e as súas cicatrices a infancia como renovación da linguaxe, concentrando toda a súa mensaxe, como adoita facer, no menor número de palabras posibles. O punto de partida é unha experiencia vital impactante, o nacemento do seu sobriño Antón, que lle fixo ver a vida con ollos novos, «e tamén pensar que na infancia está a verdade da nosa vida, e que recuperar esa patria é recuperarnos e entendernos un pouco máis». Rodeada do seu editor, Fernando Bores, e os seus amigos e compañeiros Luz Pozo e Chisco Fernández Naval, Eva Veiga salientou que no libro tamén hai algo de mística e dun sentimiento de unión ca natureza. Como dixo Fernando Bores durante a presentación, Eva Veiga interroga á vida, á memoria, con preguntas e intentos de respostas para obter un resultado no que o lector queda «cun sorriso na boca». Tamén Chisco Fernández Naval confesou o seu asombro, unha vez máis, pola positividade que trasmiten as letras da escritora, e a pesar «desas cicatrices» da vida. Quizáis por iso, ao rematar de ler os seus libros, Chisco Fernández Naval pensa: «Non sei como puiden vivir sen ler os versos que acabo de ler», asegurou onte. Luz Pozo tamén se mergullou na memoria e recordou os tempos nos que coñeceu a Eva Veiga: «Nos oitenta, cando era unha distinguida presentadora de televisión e cando xa tiña ese aspecto de raíña intelectual ou Sybilla». Xa entón a luz comezaba a ser unha das palabras clave da poesía desta escritora.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Eva Veiga interroga á vida en «A luz e as súas cicatrices»