Nace unha editora galega dedicada a traducir a autores internacionais contemporáneos
TELEVISIÓN
?inoceronte Editora acaba de darse a coñecer co novo ano e co propósito de ocupar un espazo editorial en Galicia con moitísimas lagoas. Segundo o director desta editorial en galego, Moisés R. Barcia, a intención deste novo selo é traducir ao galego a escritores internacionais contemporáneos que se repartirán en dúas coleccións. No catálogo que anuncia Barcia aparece a incorporación ao galego de nomes que están soando no panorama internacional, como Julian Barnes a Michel Houellebecq, o que, entre outras cousas, implicará algunhas traducións cara ao galego de idiomas que non se fixeran, como é o caso do húngaro, do que se verterá a Sándor Márai, ou do finés, idioma do que se traducirá a obra de Paasilinna. O libro deste autor, O bosque dos raposos aforcados , e Seda, do italiano Alessandro Baricco, serán os dous primeiros desta nova editorial galega.