Os editores galegos premiarán aos tres mellores libros editados durante o presente ano

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

13 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? primeira Noite da Edición, que se celebrará este sábado en Compostela, organizada pola Asociación Galega de Editores premiará, entre outras categorías, ao mellor libro publicado durante o presente ano. En total a noite de gala do sector editorial galego ofrecerá seis categorías diferentes de premios. Na primeira, Premio Ánxel Casal ao mellor libro, están como finalistas Herba Moura , de Teresa Moure (Xerais), Historia da educación e da cultura en Galicia , de Antón Costa (Xerais) e Non sei cando nos veremos , de Anxo Rei Ballesteros (Galaxia). O premio Lois Tobío á mellor tradución ten tres candidatos, Mercedes Pacheco por Manhattan Transfer , de John dos Passos (Sotelo Blanco), Xavier Rodríguez Baixeras por O gatopardo, de Tomasi de Lampedusa (Galaxia) e máis a Carmen e María Dolores Torres París pola versión de A república soños , de Nélida Piñón. Na categoría de libros ilustrados, que leva o nome de Isaac Díaz Pardo, os finalistas son Catro poemas galegos , de Lorenzo Varela con ilustracións de Luís Seoane, los Dez contos de Andersen ilustrados por Kiko da Silva e o volume Mellor que decila fora pintala, con ilustracións de Fausto Isorna, ámbolos dous publicados por Galaxia. Na noite tamén se distinguirá a Xerais e Sotelo Blanco polo seus 25 anos de existencia.