«Translittera» repasa as novas formas das linguaxes poéticas galegas

Cerca de vinte artistas percorreron nas últimas semanas diversas fundacións culturais do país As xornadas organizadas polo Consello da Cultura finalizarán mañá en Trasalba


redacción

?s linguaxes poéticas non son cousa exclusiva da poesía. Están repartidas entre a literatura, a música, a pintura e outros xéneros que, ata hai pouco, se organizaban todos baixo o nome de disciplinas artísticas. Para repasar todo o que hai de novo nas linguaxes poéticas e todo o que se pode ver en Galicia naceu desde o Consello da Cultura Translittera .Vinte artistas comezaron a percorrer Galicia aproveitando o espazo de cinco institucións culturais; en cada unha delas exhibiron distintos xeitos de afrontar o fenómeno poético e de buscar unha nova forma de relación cos lectores que tamén poden ser espectadores. As xornadas, que hoxe chegan á Fundación Laxeiro, en Vigo, e mañá estarán na Otero Pedrayo, en Trasalba, iniciáronse na Fundación Granell, visitaron a Luís Seoane, viaxaron ata Cecebre para estar na Fernández Flórez. Rafael Xaneiro, coordinador desta experiencia asegurou que un dos obxectivos era «incrementar a relación entre os creadores e o público». O carácter multidisciplinar dos invitados a este encontro pretende marcar as extremas dun territorio poético que ten habitualmente os límites difusos. Neste sentido, a incorporación de músicos e videoartistas, pintores xunto con escritores e, máis propiamente poetas, indica a intención de situar aos espectadores fronte a un espazo creativo máis amplo do que convencionalmente se entende. Na nómina dos que participan nesta iniciativa que quere transformarse tamén nun punto de partida para novos proxectos poéticos están poetas como María Lado, Lucía Aldao ou Estevo Creus. Tamén están os que tendo obra poética comparten traballo con outras formas de expresión, como Antón Lopo ou Yolanda Castaño. Hai nomes que teñen unha forte inclinación escénica, como Carlos Santiago, Iván Prado, ou Manolo Cortés. Na mesma iniciativa figuran artistas como Lomarti e videoartistas como Rafael Xaneiro. Mañá, na Fundación Otero Pedrayo, en Trasalba (Ourense), finalizará esta primeira experiencia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Translittera» repasa as novas formas das linguaxes poéticas galegas