La Voz ofrece mañá «A guerra dos mundos», do inglés H. G. Wells

O escritor acadou un clásico da ciencia ficción coa narración dunha invasión marciana O volume pode adquirirse por un euro ademais do cupón que figura no lombo do xornal


la voz | redacción

Aínda que as posibilidades que ofrece o futuro como recurso literario foron exploradas dende a antigüidade, foron os espectaculares avances do progreso os que alimentaron un novo xénero para as letras: a ciencia ficción. A ciencia, sobre todo no século XIX, ía tan rápido que calquera misión que se propuxese o home era posible. Verne, por exemplo, soñou que era posible viaxar ao espacio e poñer pé na lúa. Un inglés, Herbert George Wells, deulle a volta ao argumento: a súa historia contaba outra viaxe, pero dende o espacio á Terra.Wells xa acadara o éxito coa súa primeira novela, A máquina do tempo , outro clásico pioneiro da ciencia ficción; como outras das súas obras, tamén tería unha pegada decisiva na historia do cine. Neste libro, o autor inglés xa introducía unha serie de cuestións morais que había que ter en conta. Ocorre o mesmo con A guerra dos mundos . A historia é narrada por un supervivente da cruenta invasión da Terra polos marcianos. Cun estilo directo e verosímil, traslada ao lector todo o horror dunha contenda bélica e tecnolóxica, cunhas consecuencias realmente calamitosas.AdvertenciaWells non só estaba fabulando sobre uns homiños verdes que chegarían a bordo das súas aeronaves espaciais arrasándoo todo con láser. Publicada en 1898, A guerra dos mundos pretendía ser tamén unha advertencia á escalada armamentística na que se estaba vendo envolta Europa. Poucos anos despois estalou a Primeira Guerra Mundial, cruel polo seu número de mortos, pero tamén porque se empregaron a gran escala armas como o tanque, o avión ou os produtos químicos. E non saía da imaxinación dun escritor. A lección non serviu de moito, visto o que aconteceu na Segunda Guerra Mundial e o que achega cada día a realidade.tamén serviu para que un xove cineasta norteamericano, Orson Welles, argallase unha versión radiofónica que meteu o medo no corpo ao seu país, xa que se correu o ruxe ruxe de que aquela vez era verdade e os marcianos estaban aterrando. Agora, os tempos xa son menos crédulos, e unha versión fílmica, como a de Steven Spielberg, só aspira a arrasar nas taquillas, facendo bos cartos a costa dos espectadores que desexan dúas horas de emocións.En galegoLa Voz entrega mañá a versión en galego de A guerra dos mundos , traducida por Gonzalo Constenla Bergueiro e Esther Sánchez Rodríguez, polo prezo dun euro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

La Voz ofrece mañá «A guerra dos mundos», do inglés H. G. Wells