Xavier Queipo busca no libro «Glosarios» novos campos para a literatura

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

10 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?ai outros mundos, pero todos están neste. Xavier Queipo presentou onte na galería Sargadelos o seu novo poemario, Glosarios , un libro no que busca horizontes novos para a literatura desde a utilización dunha lingua na que inflúe moito a linguaxe científica. Publicado por Espiral Maior, Glosarios quere ser, en palabras de Queipo, «un libro no que xoga un papel fundamental a experimentación». A disposición ao experimental é unha actitude que, segundo o autor de Mundiños , deben manter os escritores. Neste caso, o experimental ten que ver co uso dun idioma que non quere ser convencionalmente literario e no que se rexistran influencias da formación científica do escritor. Por outra banda, tamén pode ser interpretado como experimental a utilización de ambientes e formas literarias que teñen pouco que ver coa literatura do país. Segundo Queipo, «as tres partes das que está composto este libro teñen vocacións diferentes e, seguramente, a primeira delas é a máis experimental». Nas outras dúas seccións do libro editado por Espiral Maior, Xavier Queipo establece un diálogo poético e idomático con Londres e Chicago e, ao tempo, experimenta cunha forma tan concisa de literatura como os haikus .