A Editorial Galaxia crea a Biblioteca Fundación Carlos Casares

TELEVISIÓN

ÓSCAR VÁZQUEZ

A vindeira semana comeza a terceira edición dos debates ecuménicos A colección recollerá os relatorios dos Encontros de Mondariz-Balneario e do Pazo de Mariñán

14 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A Editorial Galaxia presentou onte Culturas, civilizacións e sociedade global , a primeira entrega da Biblioteca Fundación Carlos Casares, una subserie incluída na súa colección de ensaio. O libro recolle os debates que se produciron hai dous anos, no primero Encontro de Mondariz-Balneario, que organiza dende entón a Fundación Casares. Naquelas mesas redondas participaron Joseph Borrell, Darío Varcárcel, Darío Villanueva, Gema Martín Muñoz, Fernando Savater y Eugenio Trías, e nelas reflexionouse sobre o sentido de Europa, o choque de civilizacións e o islamismo político, entre outras cuestións de actualidade. «Estes encontros naceron cun carácter bianual, pero saíu todo tan ben que decidimos facelos anuais», recorda Damián Villalaín, director da Fundación Carlos Casares. Tanto Víctor Freixanes, director xeral da Editorial Galaxia, como Damián Villalaín, coincidiron en afirmar que o acordo entre ambas institución era algo natural. «A nosa relación con Carlos Casares é moi evidente, ademais, Casares é tan irrenuncible para nós coma o son Cunqueiro e outros clásicos», asegurou Víctor Freixanes durante a presentación do libro. Nova xuntanza A nova biblioteca de Galaxia non só abrangue os relatorios dos encontros de Mondariz-Balneario, senón tamén os correspondentes ás xornadas literarias que organiza a Fundación Carlos Casares no pazo de Mariñán. A posta de largo da Biblioteca Fundación Carlos Casares coincidiu onte coa presentación dos terceiros Encontros de Mondariz-Balneario, este ano dedicados aos conflitos bélicos e violencia no novo século. O 20, 21 e 22 de setembro, a vila termal pontevedresa acollerá unha serie de debates nos que participarán Xosé Fortes, historiador e ex membro da Unión Militar Democrática que actuou nas postrimerías do franquismo; Felipe Fernández-Armesto, historiador e autor de libros de resonancia mundial como Millenium ; Miguel Ángel Fernández, almirante da Armada; Alberto Oliart, ministro en varios gobernos da UCD; Rafael Vilasanjuán, xornalista e membro de Médicos sen Fronteiras; e Bernard Cassen, xornalista e presidente de honra da Attac. O presidente da Xunta apoiará o encontro coa súa presencia na inauguración.