Loreto Ares e Daniel Ovalle gañan os premios Rúa Nova de narracións

La Voz C. P. | SANTIAGO

TELEVISIÓN

08 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A moza de 17 anos de Pozuelo de Alarcón, Loreto Ares Arroyo, e o mozo pontevedrés de 16 anos Daniel Ovalle Costal, son os gañadores nas modalidades de castelán e galego, respectivamente, dos premios Rúa Nova de Naracións Xuvenís convocados pola Fundación Caixa Galicia polas obras Y mirábamos las estrellas e Ladrón de luva branca. O xurado da dezasete edición do certame para xóvenes menores de 17 anos de Galicia e outras comunidades e países, outorgou un accésit en cada modalidade. Recaeron en Eva Escrivano Compains, de Pamplona, polo relato Crónica de vidas eternas, e en Aldara Varela Martínez, de Cangas do Morrazo, por Viaxe a Orlakok. O profesor e crítico literario Luis Alonso Girgado, a escritora Rosa Aneiros, o ilustrador Óscar Villán, o filólogo Paulino Novo e o representante da Fundación Caixa Galicia Xosé-Victorio Nogueira, elixiron os traballos gañadores entre 23 orixinais, dos que só se presentaron catro en lingua galega, ámbito na que a participación caeu este ano un 25%. A que aumenta é a presenza feminina, cun 70% de autoras. Os dous premiados recibirán 1.500 euros en metálico, ademais da publicación da obra dentro da colección Nova 33, que reúne 24 das premiadas neste certame, un dos máis importante de narrativa xuvenil e o máis antigo de España, segundo Teresa Porto, xerente da Fundación Caixa Galicia.