«As viaxeiras da lúa», primeira serie da TVG que se comercializa en formato DVD

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

21 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A serie documental de televisión de Galicia As viaxeiras da lúa é a primeira produción da canle autonónómica que se comercializa en formato DVD. O director da TVG, Anxo Quintanilla, presentou a gravación en DVD dos trece capítulos desta serie dirixida por Valentín Carrera e protagonizada pola actriz Uxía Blanco, na que cinco mulleres percorren Galicia en medios de transporte tan diversos e dispares coma o barco e a bicicleta, en globo aerostático, a cabalo e en autobús. As viaxeiras atópanse con festas que conmemoran batallas históricas como a de Cacabelos ou o asalto viquingo das torres de Catoira. A serie As viaxeiras da Lúa , que contou cun orzamento de arredor de trescentos mil euros, ten un antecedente con protagonistas masculinos, Os viaxeiros da luz , que tamén fora dirixida, en 1991, por Valentín Carrera, que onte aproveitou a presentación do DVD para prantexarlle á TVG unha nova aposta, esta vez con ollos de nenos.