O Pen Clube busca a pegada galega nas literaturas iberoamericanas

La Voz C.F. | SANTIAGO

TELEVISIÓN

12 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Galicia e Iberoamérica son espazos en conexión, tamén na literatura. O Pen Clube iniciou onte un encontro de escritores galegos e iberoamericanos para buscar as pegadas de Galicia nas literaturas de alén do mar. O encontro cruza a escritores galegos con escritores que, procedendo dos países de Iberoamérica, teñen unha relación directa con Galicia ou coa emigración galega. Deste xeito, participan no encontro autores como Horacio Vázquez Rial, autore de Frontera Sur , ou María Esther Vázquez, biógraga de Jorge Luis Borges. As homenaxes do encontro gardan a mesma relación: a de onte para o poeta Manuel Antonio. A de hoxe, a cargo de Horacio Armani, lembrará a figura de Francisco Luis Bernárdez, un galego que se integrou na vida cultural arxentina. Nos próximos días serán lembrados Eduardo Blanco Amor e Álvaro Cunqueiro. Para ofrecer unha fronte ampla na relación, o encontro que organiza o Pen Clube combina nas mesas redondas programadas as opinións dos autores dunha e doutra banda do oceáno: desde os novos camiños narrativos ata a relación entre literatura e prensa. Na xornada de onte Arcadio López Casanova repasou algunhas das visións que a literatura galega ofrece sobre Compostela. Unha Compostela que foi lembrada por María Esther Vázquez en relación coa visita que Jorge Luis Borges fixo á cidade no ano 1964 e da que ela foi testemuña directa. María Esther Vázquez participou naquela viaxe europea que o escritor arxentino quería rematar en Madrid e que, por insistencia dela, acabou nunha xira por Galicia na que coñeceu a Ramón Piñeiro.