A editorial Sotelo Blanco inicia unha colección de libros feministas

«As letras das mulleres» traduce ao galego textos clásicos de mulleres da literatura universal Cada volume incorpora un prólogo para explicar a época e a vixencia do texto


redacción

? editorial Sotelo Blanco e a Consellería de Familia presentaron en Santiago unha nova colección, As letras das mulleres , dedicada a recuperar textos que pensaron o papel feminino na historia. A historiadora María del Carmen Pallarés asegurou na presentación que «a igualdade absoluta entre homes e mulleres non se conseguirá ata que as mulleres coñezan a súa historia».Sotelo Blanco e o Servizo Galego de Igualdade comezaron esta colección con dous títulos mergullados no pensamento feminino en tempos nos que non se asociaba ás mulleres a idea de pensar. Cada libro da colección vai precedido dun prólogo que contextualiza o texto e que ofrece ás lectoras e lectores as claves para unha lectura contemporánea.Sen discriminaciónA conselleira de Familia, Pilar Rojo, asegurou na presentación que a cultura debe contribuír a «crear unha sociedade sen discriminación e sen estereotipos relacionados co xénero». Tamén indicou que a colección destes libros «servirá para coñecer cal é a contribución feminina á historia «para influír no comportamento das persoas e poder esixir unha sociedade máis xusta e igualitaria», onde as mulleres teñan o papel que a historia moitas veces lles esquivou.Os dous primeiros libros desta colección, para a que xa están preparados outros dous volumes, ofrecen unha viaxe aos inicios da reivindicación do papel activo das mulleres. Cristina de Pizán é a primeira autora incorporada para o galego coa súa obra fundamental, A cidade das mulleres . O segundo libro, tamén presentado onte, é título de Mary Wollstonecraft Vindicación dos dereitos da muller , e supón a primeira obra desta escritora do século XVIII quen propuña unha educación igualitaria para os homes e as mulleres. Os dous seguintes volumes desta recén estreada colección están máis próximos no tempo e entran no territorio da ficción sen abandonar a perspectiva da mulleres. Dous clásicos femininos que exceden o xénero: Orgullo e Prexuizo , da literata británica Jane Austen, e a incorporación de Virginia Woolf, autora que xa está presente nalgunhas coleccións da editorial Sotelo Blanco, nesta ocasión con Un cuarto .PrecursorasO libro que abre a colección é A cidade das mulleres , de Cristina de Pizán. Esta autora, nacida en Venecia en 1364 e fallecida en 1430, pasa por ser a primeira escritora feminista da historia e, tamén se lle atribúe ser a primeira escritora profesional. Quedou viúva moi nova e foi mantendo á súa nai e mais aos seus fillos co que gañaba escribindo.No volume prologado por Pallarés, Pizán cataloga unha galería histórica de grandes mulleres para demostrar que teñen a mesma capacidade dos homes. A escritora defende nesa altura do século XV que unha educación similar para homes e mulleres colocaría ás segundas en igualdade cos homes. Mary Wollstonecraft foi nai de Mary Shelley, autora de Frankenstein, e morreu pouco días despois de que nacese . No libro que publica agora Sotelo Blanco, Vindicación dos dereitos da muller, con prólogo de María Jesús Lorenzo Modi a, a autora non só reclama unha educación igualitaria para as mulleres, senón que esixe ao Estado que garanta unha educación en igualdade. Considerada como a primeira feminista moderna, Wollstonecraft naceu en 1759 e morreu en 1797. Declarouse contraria ao matrimonio ao considerar que este entregaba aos maridos a propiedade legal das mulleres. Entre outras obras, publicou un volme coas súas memorias.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A editorial Sotelo Blanco inicia unha colección de libros feministas