Riveiro Coello e Xosé Benito Reza, novos xuíces de honra

Crónica O escritor limiao salienta a natureza do idioma nun territorio que conservou privilexios ata finais do século XIX


calvos de randín

?n 1809 as tropas do xeneral Soult atravesaron o Couto Mixto e paráronse a destruir os documentos que acreditaban que este territorio arraiano e megalítico tiña privilexios económicos e políticos. En 1868 as administracións española e portuguesa trazaron a fronteira e aboliron os costumes que, en moitos sentidos, facían deste territorio nos arredores de Calvos de Randín fose como unha república veciñal.A Asociación de Amigos do Couto Mixto leva case unha década tentando recuperar as singularidades deste territorio que, de non poder gozar cos privilexios económicos e políticos que tivo hasta finais do século XIX, pode reivindicarse no cultural. Na mesma igrexa de Santiago de Rubiás na que se gardaron os documentos do Couto, celebrouse onte unha doble cerimonia para recoñecer méritos ás personas que pulan pola memoria do lugar. O escritor Antón Riveiro Coello e máis o naturalista Xosé Benito Reza, entre outros, recibiron o título de Xuíces honorarios do Couto Mixto. A asociación e os veciños recoñeceron tamén ao modisto Adolfo Domínguez o apoio recibido. O deseñador foi o responsable de idear e confeccionar as capas que lucen os homes de acordo do Couto Mixto. Os homes de acordo eran os responsables de gardar as tres chaves que abrían o arcón dos documentos do Couto. O presidente da asociación, o escritor Luis García Mañá explicou na súa intervención que con estas cerimonias «facemos un acto de xustiza histórica». Riveiro Coello lembrou o seu vencello ao Couto Mixto pola lingua dos seus avós e da súa nai «porque as linguas son tamén patrias e a través das palabras que se falaban aquí eu fun enorgullecéndome de pertencer a esta terra».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Riveiro Coello e Xosé Benito Reza, novos xuíces de honra