Colexios de Chile e Arxentina imitaron onte a experiencia de Ponte nas Ondas

La Voz J. L. | VIGO

TELEVISIÓN

07 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A xornada de radio interescolar Ponte nas Ondas chegaba onte a súa décima edición coa participación de cincuenta e cinco colexios galegos e portugueses. Coa diferencia horario existente entre Galicia e o Cono Sur americano, dez mil escolares de Chile e Arxentina sumábanse a esta experiencia que ten como obxectivo unir culturas a través dun programa de radio feito por escolares. As dez da mañán, un rapaz de quince anos chamado Brais falaba en directo con Iñaki Gabilondo para explicarlle o porque do programa. En esta décima edición, o programa de Ponte nas Ondas feito en Galicia poido ser escoitado tamén a través dunha emisora de radio de Río de Janeiro, que tomou o sinal de Internet. No Brasil poideron escoitar á Orquestra Béradêro, fundada por Chico César, tocando dende Galicia.