Xesús Fraga investiga a evolución da amizade na súa primeira novela

O autor e periodista recrea a vila de Betanzos nos anos oitenta e a converte nun personaxe «Solimán» premio Liceo Rubia Barcia, chega as librerías galegas editado por Xerais.


j. c. | redacción

«Para min é igual de complexo manter a tensión nas páxinas dunha novela que condensar unha historia nun conto». Solimán , a primeira novela de Xesús Fraga non é un paso adiante: «Eu non vexo a novela como algo que me faga medrar como escritor. Ademais as literaturas que máis me interesan, que son a galega, a inglesa e a española, teñen tradición de grandes contistas». Pero o caso é que Xesús Fraga (Londres, 1971), acaba de publicar a súa primeira novela tras a exitosa andaina das dúas anteriores incursións na literatura: Tute para catro e A-Z , no que o escritor e periodista abordaba o seu mundo literario a través dos contos., editada por Xerais, é unha novela de iniciación que arranca co encontro de dous amigos que un día, tras unha xornada importantísima no futuro de ambos por diferentes motivos, descobren que só lles unen os recordos, que vulneraron a súa lealdade e que, sen a experiencia común da súa infancia, nunca tivesen chegado a ser amigos. Nesta primeira novela de Xesús Fraga hai non pouca nostalxia dun tempo e dun lugar que esvaeceron case sen facer ruido. «Eu non son un personaxe pero proxecto algo da miña vida neles. Johnathan Coe di que escribe para reordenar o mundo ao seu xeito. Eu fago tamén un pouco iso».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Xesús Fraga investiga a evolución da amizade na súa primeira novela