Os grandes personaxes universais e galegos comparten as páxinas do Degu

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

No Diccionario que vai entregar La Voz figuran desde os califas ata os protagonistas da historia de Galicia O próximo domingo terá lugar a entrega do primeiro tomo da nova obra.

07 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Adolfo de Abel Vilela (Lugo, 1946) foi director xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación ata o ano 1989. A súa actividade profesional, política e literaria aparece recollida nunha das 120.000 entradas do novo Diccionario Enciclopédico Universal Galego, o Degu, que La Voz de Galicia vai entregar os seus lectores. Pero un par de páxinas antes da entrada referida pódese atopar a do quinto califa da dinastía dos omeia, Abd al-Malik, fillo de Marwân I e que «ó subir ó trono tivo que reconquistar Iraq (ano 690) e loitar contra Ibn Zubayr, quen lle opuxo resistencia en Arabia ata a súa morte (692)». A disparidade entre as dúas figuras é so un exemplo do amplo e variado abano de personaxes históricos e galegos que figuran no Degu, compaxinando o local e o universal. O mesmo podería decirse de alguén tan vencellado a Galicia como o intelectual Alfonso Rodríguez Castelao e do escritor Ernest Hemingway, os dous con voces propias nesta nova obra. Ademais, a fondura dos coñecementos que ofrece cada unha das voces é unha mostra de que o diccionario é o mesmo tempo unha enciclopedia na que poder consultar calquera dúbida gracias a ampla cantidade de información que ofrece. Lóxicamente, as persoas que tiveron un papel importante na historia aparecen amplamente reseñados, sin esquecer por iso o protagonismo dos que ó longo dos séculos foron escribindo esas outras pequenas historias de Galicia. O feito de que na elaboración deste diccionario enciclopédico participen non só filólogos (que son unha ampla maioría) senon tamén especialistas dos distintos eidos, entre eles biólogos, químimos, licencidos en políticas ou historiadores, fai que tanto a teminoloxía empregada como os datos relacionados con cada un dos personaxes históricos reseñados sexan supervisados por expertos. Todo isto poderán comprobalo os lectores a partir do próximo domingo, día 14 de setembro, data na que se entregará o primeiro tomo desta colección. Comezará así unha nova aposta de La Voz de Galicia por darlle un novo pulo á cultura galega e de por nas mans dos galegos unha ferrramenta de consulta que pode servir tanto para os traballos escolares dos mais novos como para resolver as dúbidas que poida ter calquera profesional. De feito, nas páxinas do Degu pódese distinguir perfectamente os contidos que definen a cultura galega, a súa literatura, a arte, a ciencia, a historia e as súas figuras máis destacadas. O fácil manexo de cada un dos tomos é outra ventaxa para os futuros usuarios desta nova obra.