Remata a Biblioteca 120, «a gran obra de espallamento da cultura de Galicia»

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

XURXO LOBATO

Os colaboradores da iniciativa participaron nun acto de agradecimento no Museo de La Voz -«Las mil primaveras más que deseaba Cunqueiro están garantizadas»

13 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Foi un acto sinxelo, con palabras cargadas de sentimentos, de literatura, de lembranzas, de satisfacción e, sobre todo, de agradecimento. O escenario era o Museo de La Voz de Galicia. Os convidados, os que participaron na Biblioteca Galega 120. O motivo, poder dicir, «con toda satisfacción, que a gran obra de espallamento da cultura de Galicia está cumprida», dixo Santiago Rey Fernández-Latorre referíndose ó remate da colección. Entre os que a fixeron posible, o presidente de La Voz de Galicia citou «en primer lugar a esos miles de personas anónimas que entendieron desde el primer momento el valor de la colección y no dejaron pasar ni un solo día de publicación sin acudir al quiosco». Asegurou que estas persoas «nos han demostrado que se sienten parte activa de una cultura muy viva, y que las mil primaveras más que deseaba Cunqueiro para nuestra lengua y nuestra personalidad colectiva están garantizadas», Santiago Rey Fernández-Latorre rematou transmitindo ós asistentes «o agradecemento e agasallo de La Voz de Galicia por terdes participado na iniciativa cultural de máis relevancia da nosa historia. Vós sodes os responsables de que fora tan grande». O conselleiro de Cultura, Pérez Varela, dixo, dirixíndose ó editor de La Voz : «Gracias por el esfuerzo que estás haciendo a favor de la cultura gallega» Tucho Calvo, director da Biblioteca Galega 120, lembrou a González-Millán e Carlos Casares e afirmou que «na nosa memoria queda a satisfacción de moitos autores firmando cantidades insospeitadas de exemplares das súas obras». Manuel Bragado falou no nome dos editores, citou as palabras de Rosalía no prólogo de Follas novas e rematou dicindo: «¡Benvidos sexan estes millóns de libros na nosa lingua que hoxe celebramos! ¡Millóns de exemplares que demostran que se vai cumprindo o programa que teceu soia Rosalía hai cento vinte anos». En nome dos autores falou Xosé Carlos Caneiro dicindo que «máis alá do acontecemento histórico que supón a edición da Biblioteca 120 está, desculpen a intimidade, o romántico e candoroso idilio que La Voz mantén con este país».