Os galegos adquiriron 4,5 millóns de libros da Biblioteca Galega 120

Os títulos máis vendidos foron «Follas novas» e «Sempre en Galiza»


la voz | redacción

O lema «A nosa biblioteca» é xa algo máis que unha frase comercial. Un quiosqueiro pedía hai uns días ó departamento de vendas de La Voz de Galicia unha longa lista de libros atrasados da Biblioteca Galega 120 encabezando o seu pedido con estas palabras: «Libros de A nosa biblioteca».Os números amosan que a Biblioteca Galega 120 estase convertendo non só nun referente cultural senón nunha iniciativa histórica xa que os galegos levan mercado preto de 4.500.000 libros desta colección, unha cantidade que supón un fito histórico no mundo da edición galega.Polo de agora, dos 101 títulos entregados (en total serán 119 títulos xa que Sempre en Galiza editouse en dous tomos) o mais demandado foi o primeiro, Follas novas , que empezou a colección o día seis de xaneiro deste ano. Os lectores de La Voz de Galicia que mercaron, por un só euro, esta obra de Rosalía de Castro, recibiron aquel día, como agasallo, o primeiro tomo de Sempre en Galiza , de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. De cada un destes títulos entregáronse un total de 68.912 exemplares.En canto ó resto dos títulos da colección xa entregados, a media de difusión está entre os corenta mil e corenta e cinco mil exemplares.Esta iniciativa da Biblioteca Galega 120 non deixa de recibir parabéns do mundo da cultura galega, ó mesmo tempo que desde fóra de Galicia non faltaron os intentos de pór en marcha nalgunha comunidade autónoma unha experiencia semellante; polo de agora, quedáronse en intentos.A Biblioteca Galega 120 recibiu este ano o premio á mellor iniciativa editorial que cada ano concede Xerais. Esta é unha das editoriais que fixo posible a posta en marcha da colección, xunto con Galaxia, Espiral Maior, Laiovento, SM, Ir Indo, Sotelo Blanco e Edicios do Castro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Os galegos adquiriron 4,5 millóns de libros da Biblioteca Galega 120