«Biblioteca galega» leva a literatura e a cultura á sintonía de Radio Voz

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

XOSÉ CASTRO

O programa ofrece cada semana entrevistas cos protagonistas das letras de Galicia O espacio radiofónico achega ós oíntes o máis destacado da realidade cultural

24 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Desde hai case dous meses, a Biblioteca Galega 120 de La Voz ten un oco na sintonía de Radio Voz. De luns a venres, de nove a dez da noite, o programa Biblioteca galega achega a oíntes de toda Galicia o máis destacado da realidade literaria e cultural da comunidade e de fóra. Conducido e presentado por Manuel Rodríguez e Xesús Fraga, Biblioteca galega ofrece ampla información sobre os autores e os libros que forman parte da colección de La Voz. Acontecimentos Ademais, este espacio radiofónico está pendente da actualidade cultural de Galicia. Presentacións de libros, novas obras, estudios, teses, homenaxes e outras actividades teñen cabida no programa, que busca informar sobre acontecementos de relevancia. Non só de literatura se fala en Biblioteca galega . Na hora de programa hai tempo para o teatro, a danza, a arquitectura, a música ou o cine, así como a fotografía, a pintura e outras artes plásticas.