Miguel Anxo Fernández gaña o García Barros de novela que convoca A Estrada

O xurado salientou de «Un nicho para Marilyn», a obra premiada, o seu humor e ironía O xurado do García Barros de novela concedeu o premio deste ano ó investigador e crítico de cine Miguel Anxo Fernández Fernández. O autor consegue este galardón, dotado con 9015 euros, a escasos días de presentar «As imaxes de Carlos Velo» -premio Sempre en Galiza do Concello de Pontevedra- e cando está a piques de saír «O sabre do francés» en Galaxia.


OURENSE

Un nicho para Marilyn , a obra premiada polo xurado do García Barros, conta a historia dun detective privado de orixe galega, de nome profesional Frank Soutelo, fillo dunha emigrada de Muros e dun exiliado soutelano -de aí o seu apelido profesional-. Frank Soutelo é un ex-policía con despacho propio en Los Ángeles ó que, polo seu peculiar estilo, lle encargan investigar ónde está o cadáver de Marilyn Monroe, desaparecido do cemiterio. Nas súas pesquisas Soutelo irá de sorpresa en sorpresa.O xurado, que se deu a coñecer o fallo onte en A Estrada, salientou o humor e a ironía con que está escrita Un nicho para Marilyn , a mellor das 25 novelas presentadas. Miguel Anxo Fernández comentou onte, unha vez coñecido o fallo do xurado: «O primeiro dicir que me sinto moi honrado por figurar nunha nómina do prestixio literario dos gañadores do García Barros -acadado en pasadas edicións por autores como Xosé Carlos Caneiro ou Riveiro Coello- iso si, convencido de que nunca lograrei superalos». Á hora de escribir Un nicho para Marilyn Fernández Fernández pretendeu «facer unha parodia das vellas pulps , novelas baratas e populares do xénero negro, mesturado con referentes cinematográficos do cine de detectives tipo Bogart, unhas pingas de gore e o engadido dun chisco de retranca do país e fortes doses de relatividade e tira pa diante ».Fernández, que elaborou unha obra chea de humor convencido «de que o noso país necesita letras retranqueiras, rirse un chisco da realidade que nos fai a vida imposible a cotío», presentará en breve O sabre do francés (Galaxia) na que «amosa un rexistro radicalmente diferente de Un nicho para Marilyn . É un feixe de relatos ambientados durante a afrancesada en Galicia no século XIX e dos que me sinto particularmente satisfeito».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Miguel Anxo Fernández gaña o García Barros de novela que convoca A Estrada