Un centro cultural na «calle Mayor de Europa»


No número 5 da Rúa da Auga de Villafranca (tamén chamada rúa Ribadeo), estaba a casa onde naceu Sarmiento e pola beira pasa o Camiño de Santiago. A uns poucos metros, cara á saída da vila, a escultura dun peregrino, sobre o que alguén verteu un bote de pintura amarela, lembra a ruta xacobea e un poema, no pé da figura, anuncia que o ceo de Galicia xa está cerca.A ruta xacobea e Sarmiento quedarán unidos no centro cultural que se vai levantar no solar que ocupou a vivenda onde naceu o ilustrado, un terreo de catro metros e medio de ancho e trinta de fondo que desde 1993 é propiedade da Xunta a través do Xacobeo.Onte, os presidentes de Galicia e Castela e León asinaron o convenio para a construcción do novo centro, e os arquitectos amosaron os planos dun edificio de 520 metros cadrados que custará 480.809 euros (uns oitenta millóns de pesetas). Cada autonomía pagará a metade do custo do edificio, que terá un soto, tres andares e un baixo cuberta e acollerá a documentación sobre Sarmiento e o Camiño de Santiago, unha ruta calificada onte polo presidente de Castela e León, Juan Vicente Herrera, como a «calle Mayor de Europa».Respostáballe Fraga dicindo que se Sarmiento é un vínculo entre as dúas comunidades veciñas, o Camiño de Santiago é «o cordón umbilical que nos une desde hai séculos».Antes dos presidentes, falou o alcade de Villafranca, Agustín García Millán (Partido Popular) lembrando que este centro cultural era un proxecto de hai once anos, agradeceu, «con lágrimas en los ojos», o apoio do seu presidente e de Manuel Fraga (a este tamén por «pescar en nuestros ríos y hablar con nuestras gentes»).Galo dos AncaresMentras isto pasaba no salón de sesións do Concello de Villafranca, o solar onde se construirá o centro non tiña a furgoneta que aparca habitualmente un veciño. Despois de xantar xa estaba alí. Ó outro lado da rúa está a Taberna do Leo, que leva camiño de correr a mesma sorte que a casa de Sarmiento, na que, lembrou Ferrín na súa intervención, repoñían forzas Celso Emilio Ferreiro e Castroviejo «antes de intentar dar caza ó galo dos Ancares».

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos

Un centro cultural na «calle Mayor de Europa»