Un centro multicultural ocupará o solar da casa de Sarmiento en Villafranca

Máis que un solar é unha leiriña, unha pequena parcela, estreita e longa na que ás veces un veciño aparca a súa furgoneta. É todo o que queda da casa na que o 9 de marzo de 1695 nacía Pedro José García Balboa, o que logo sería Frei Martín Sarmiento. A parcela mercouna a Xunta de Galicia, que asinará un acordo coa Junta de Castela e León o día 18 para converter este solar nun centro multicultural, segundo explica o concellal de Cultura de Villafranca del Bierzo, José Luis Castro.


VILLAFRANCA. Enviado especial

Dous topógrafos están levantando os planos do solar que ocupou a casa natal de Frei Martín Sarmiento, situada na rúa máis antiga de Villafranca, a da Auga. O nome do vial venlle tanto da auga que hai no chan ¿aínda que outras rúas próximas xa están secas despois do chaparrón de pola mañá¿ como de que no seu día era o lugar polo que ía a auga para a presa, un canal que agora foi desviado polo lado do río, segundo explica Gonzalo Rodríguez, dono da casa colindante coa de Sarmiento.Á pregunta de se van a construir no solar un dos topógrafos responde cun «supongo que sí» que en realidade, polas maneiras e pola cara que pon, vén a dicir algo así como «vai rañala por aí e non me des a lata». Pero Gonzalo Rodríguez, atento ó que pasa na súa rúa e a darlle todo tipo de explicacións a xente que por alí cae, indica que á casa de Sarmiento caeulle o tellado hai dous ou tres anos e despois «tiraron todo». Mentres dá estas explicacións, invita a entrar na súa vivenda e ver o solar desde a parte de atrás, mentres os topógrafos seguen tomando medidas.O outro lado do solar tamén está baleiro xa que tamén tiraron unha vella casa que alí había e o dono optou por cerrar cun muro de bloque a súa propiedade.O concellal de Cultura de Villafranca del Bierzo, José Luis Castro, explica que a casa na que naceu Martín Sarmiento mercouna o Xacobeo 93 e, polo tanto, o solar é da Xunta.No Camiño de SantiagoO presidente do Goberno galego, Manuel Fraga, e o de Castela e León, Juan Vicente Herrera, asinarán o próximo día 18, aproveitando os actos institucionais en honor a Sarmiento que terán lugar en Villafranca, o acordo para facer no solar un «centro polivalente del Camino de Santiago», segundo Castro.Villafranca é un lugar importante na ruta xacobea ata o punto de que na iglesia de Santiago os peregrinos que non estaban en condicións de seguir podían gañar o xubileo.O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, explicaba onte que nas conversas coas autoridades municipales de Villafranca para a organización dos actos do día 18, foron informados de que a placa que indicaba cal era a casa natal de Sarmiento foi recuperada e está gardada no Concello.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos

Un centro multicultural ocupará o solar da casa de Sarmiento en Villafranca