«A memoria do boi», de Xosé Vázquez Pintor, retrata a vida da vella Pontevedra

XOSÉ FORTES, historiador e director dos cursos da UIMP en Pontevedra

TELEVISIÓN

O libro, que vén de ser premio da Crítica española, entrégase mañá con La Voz Hai obras literarias que levantan sobre a realidade un espacio persoal e propio. É o caso da novela «A memoria do boi», de Xosé Vázquez Pintor. Nas súas páxinas, o autor retrata con mestría a vida de Boapedre, un trasunto de Pontevedra nos inicios do século XX. Lecturas cualificadas

23 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Os relatos de Xosé Vázquez Pintor en A memoria do boi, unha novela que acadou o premio Torrente Ballester e vén de ser distinguido co premio da Crítica española, semellan planos-secuencias duna cinta cinematografía. Aparentemente inconexos, van acadando sentido, unidade e siñificación na memoria do propio lector que e quen á fin ten que constrir coas pezas do crebacabezas o seu propio cadro. O telón de fondo destas fotografías animadas, captadas hai máis ou menos un século, son as rúas e prazas da Boa Vila (Boapedre): Violiña, Formigueira, Pasantería, Pichelería, Mendiños, Leña ou Prancha, e da sua barriada mariñeira, A Moureira, xa en plena decadencia, medio fogar de mareantes, medio prostíbulo, co monte do boi como referente topográfico e o Campo da Verdade como unha praza simbólica. Retratos de vigor Os personaxes retratados, con trazos de gran vigor, e as historias, instantáneas dunha viveza tan intensa que mesmo nos saben a pouco, parecen sacadas da socioloxía urbana daquela época, nos inicios do século XX, que abrangue desde o señorito deputado á lavandeira, desde o poeta ó taberneiro, desde o fotógrafo ó cego do acordeón. Riqueza e cor A riqueza e o propio arcaismo léxico con que se debuxan personaxes e se contan historias contribuen a darlle autenticidade e mesmo cor a estes cadros en blanco e negro que parecen sacados das fotografías que adornaban os salóns das vivendas ou dunha película antiga. Velaquí, pois, A memoria do boi, un libro cheo de historias. Historias que van remansando na memoria do lector para componer o cadro global dunha vila, dunha época e dunhas xentes.