O Museo Pedagóxico de Galicia recupera a memoria educativa

REDACCIÓN SANTIAGO

TELEVISIÓN

ÁLVARO BALLESTEROS

O centro pioneiro é analizado en Compostela por expertos de España e Portugal

08 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

A recuperación da memoria educativa de Galicia era unha débeda co pasado e un reto de futuro que a Xunta resolveu hai un ano coa creación do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), unha proposta da Consellería de Educación que recupera e actualiza a iniciativa que deu lugar a fundación en A Coruña, no ano 1926, dun Museo Rexional Pedagóxico. O novo Museo, pioneiro a nivel estatal, vai ter a súa sede no edificio que Educación ten en San Lázaro, en Compostela, no que están as direccións xerais de PF e a de Centros, tal como confirmou o conselleiro, Celso Currás, tralo acto de inauguración do I Foro Ibérico de Museísmo Pegagóxico. Esta é a primeira actividade que organiza o Mupega para analizar os criterios de actuación deste tipo de centros no conxunto da Península, coñecer outras iniciativas e abordar aspectos como a delimitación do museísmo pedagóxico en relación con outras especialidades e estudiar técnicas e estratexias para a conservación e rehabilitación do patrimonio educativo. Pupitres e un látigo Como complemento das sesións de traballo do Foro Ibérico, que se desenvolven ata mañá no Palacio de Congresos de Santiago, está exposta a reproducción dunha aula das que existían nas escolas entre os anos 1940 e 1970, que reúne alementos que ós rápaces de hoxe pareceranlles arcaicos, pero que moitos país aínda usaron. Ademáis dunha morea de vellos pupitres de madeira, dunha e dúas prazas, pódense ver ábacos, mapas, esferas libros e enciclopedias, algúns xoguetes, un peto de pedir para o Domund, unha máquina de coser de pé e ata as fotos de Franco e José Antonio. Unha peza chamativa é un látigo de tiras de coiro trenzadas. O máis moderno do conxunto son dous proxectores de cine e unha mesa de sonido.