Beramendi: «Risco é o maior teórico do nacionalismo galego»

La Voz

TELEVISIÓN

Sotelo Blanco e a fundación do escritor ourensán recuperan un texto «fundamental» da producción risquiana Mentres o debate sobre o nacionalismo queda cada vez máis agachado baixo a pesadísima lousa dos tópicos, a Fundación Risco e Sotelo Blanco editan un libro referencial no que a Galicia se refire: «Teoría do nacionalismo galego». Este libro de Vicente Risco, editado por primeira vez nos anos 20, será territorio fértil para a polémica. A pesar dos estigmas do escritor ourensán, o responsable da edición crítica, Justo Beramendi, asegura que «Risco é o máis importante teórico do nacionalismo galego».

16 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

C.F. VILAGARCÍA O libro que publica a editorial Sotelo Blanco prentende contextualizar o ensaio político de Risco para salvar as grandes distancias temporais dende a súa primera edición, nos ano 1920, e agora. Beramendi asegura que «a introducción e os datos incluídos pretenden que o libro se poida ler cun criterio actual». Sobre a vixencia política do texto, considera Beramendi que a situación ideolóxica do mundo cambiou moitísimo, «sen embargo o libro ofrece algunhas ideas centrais para o nacionalismo galego, como a necesidade que sinala Risco de que Galicia teña partidos políticos propios». O historiador apunta que «a pesar de que Risco é o máis importante teórico do nacionalismo galego, non te recibido a importancia que merece porque resulta politicamente incorrecto», referíndose ó xiro político que Risco deu á dereita nos anos 30 «e resulta un estigma». Indica que non se debe poñer en dúbida o seu rigor intelectual «que era tan riguroso como Unamuno e intelectalmente superior a Castelao». Beramendi explica na introducción a Teoría as sucesivas etapas de Risco e o seu escoramento cara á reacción, aínda que tamén explica que moitas teorías «que entón tiñan unha operatividade concreta, recibiron unha interpretación completamente diferente tralo nacionalsocialismo». O libro ofrece reproducción facsímile da primeira edición de Risco, precedido do estudio de Beramendi, O ideosistema singular de Vicente Risco, e acompañado un índice analítico, un glosario, unha nota biográfica e unha bibliografía.