Carlos Casares recibirá unha homenaxe o vindeiro venres en Xinzo de Limia

REDACCIÓN OURENSE

TELEVISIÓN

O escritor Carlos Casares recibirá unha homenaxe o próximo venres, día 12 de xaneiro, na súa vila natal de Xinzo de Limia. A iniciativa está promovida pola asociación cultural Civitas Limicorum e na mesma contarase coa presencia do escritor Fernando Sánchez Dragó.

09 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Os actos promovidos por Civitas Limicorum, un «espacio que pretende ser un punto de encontro coa cultura e a actualidade a través dos seus protagonistas», comezarán ás 20 horas na Casa da Cultura de Xinxo. A esa hora está prevista a homenaxe a Casares. Media hora máis tarde, segundo as previsións da organización, haberá unha conferencia do escritor Fernando Sánchez Drago, que disertará sobre Prisciliano, o heroe das mil caras. Ó rematar a conferencia de Sánchez Drago haberá unha «cea literario cultural» en Xinzo na que participarán, ademáis dos dous escritores señalados, os autores limianos Federico Cocho de Juan e Antón Riveiro Coello.