O CDG inicia a temporada teatral con «Calígula» e «A cacatúa verde»

CONCHA PINO SANTIAGO

TELEVISIÓN

PACO RODRÍGUEZ

Pérez Varela anuncia para o 2001 a convocatoria para dúas compañías residentes Dúas versións do poder, «Calígula» e «A cacatúa verde», concentran a actividade do Centro Dramático Galego para a temporada 2000-2001. Pero o ano teatral da compañía institucional presenta novidades como a constitución dun circuíto de distribución e intercambio co Norte de Portugal, unha coproducción co centro Dramático de Viana e, segundo anunciou o conselleiro de Cultura, a convocatoria o ano que vén para unha ou dúas compañías residentes, alí onde haxa acordo para dispor dunha sala de teatro estable.

03 oct 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

O director do CDG, Manuel Guede, asegurou que trala montaxe pola compañía institucional de obras dos autores clásicos galegos, chegou o momento de incorporar ós clásicos do teatro universal. Neste caso os autores elixidos son Albert Camus e Arthur Schniltzer, e as súas respectivas obras, Calígula e A cacatúa verde. Entre as novidades desta temporada destaca o circuíto co Norte de Portugal, que inclúe a Porto, Braga, Viana do Castelo e Santiago. O proxecto, Caminhos teatrais, ten una vixencia de catro anos. Ábrese en xaneiro do 2001 cun ciclo de teatro portugués, e o CGD levará as dúas montaxes desta temporada ás cidades portuguesas impricadas no acordo, ademais de iniciar outras accións de intercambio co seu homólogo de Viana. Por outra banda, o conselleiro de Cultura anunciou onte a intención de crear unha ou dúas compañías residentes. Pérez Varela prevé destinar uns 25 millóns ó que de momento anuncia como un proxecto piloto de compañía residente. Os concellos das principais cidades teñen a palabra, porque deles dependerá contar con local para ensaios e un teatro estable para a compañía que opte e gañe.