Patrocinado por:

Setembro

David Bonilla

OCIO@

Hugo Tobio

01 abr 2020 . Actualizado a las 14:48 h.

29 de setembro de 2020

Mentres espero a Daniel para almorzar xuntos aproveitarei para escribir a última entrada deste diario. Hoxe fai exactamente seis meses que comecei a escribilo e, mirando o abarrotado Café, aqueles días parecen un mal soño.

Acabo de deixar a Irene e Dani no colexio. Aínda que comezaron o curso fai case un mes -o 31 de agosto- para intentar recuperar o tempo perdido durante a Gran Corentena, aínda seguen remoloneando polas mañás. En apenas una semana volveron a adaptarse ás clases presenciais, aínda que ao principio se queixaban de que lles parecían moito máis lentas cás leccións online e custáballes concentrarse. Sobre todo, á maior. Non é a única. A educación primaria segue a ser eminentemente presencialista -porque, sexamos sinceros, un dos seus obxectivos é facer «parking de nenos» mentres os seus pais traballan- pero moitos centros optaron por impartir online unha parte importante do curriculum de secundaria, bacharelato e formación universitaria. Primeiro, porque cando tiveron que preparar este curso non sabían cando poderían abrir as aulas e en que condicións, así que tiñan un montón de material preparado. Segundo, para conseguir que -se hai que volver a poñerse en corentena, total ou parcial- a transición sexa moito máis natural e apenas impacte na formación dos alumnos.

Parece imposible que se volva a confinar a toda la poboación durante dous meses como na Gran Corentena, pero -agora que volve o frío- nunca se sabe cando podería declararse outra corentena parcial, como a de finais de xullo para acabar co brote de Ávila ou a que mantivo aos maiores de 65 años na casa ata finais de xuño, que nos obrigou a facer un deses novos test rápidos no COVIDAuto da Coruña antes de poder visitar aos meu sogros e enclaustrarnos con eles durante a semana que estivemos na súa casa. 

Foron as únicas «vacacións» que nos permitimos este año. Despois do parón de marzo, abril e maio, en xuño comezou a reactivarse o mercado e durante xullo e agosto non paramos. O medo irracional que paralizou moitos procesos de selección, incluso en empresas con necesidades e caixa suficiente para cubrilas e aguantar o cairo, converteuse en pura voracidade por contratar e «non lle quedar atrás» cando chegara un novo curso con moreas de diñeiro público e privado para automatizar e levar ao online procesos que antes so podían facerse offline.

Algúns pensaban que a crise traería paro a un sector que non está afeito a telo e iso traería consigo unha baixada de salarios e... tiveron razón, polo menos durante 20 milisegundos. Exactamente o tempo que tardaron as grandes corporacións en darse conta de que estaban moito máis abertas ca antes a contratar equipos que traballasen en remoto e que os soldos en España eran moito máis baixos que noutros países da mesma zona horaria. Nós pasamos dous meses malos -moi malos- pero non nos podemos queixar. Non fomos, nin de lonxe, os máis prexudicados. Aínda que a industria informática foi unha das menos afectadas, algunhas empresas tecnolóxicas non superaron a Gran Corentena e outras conseguírono só a cargo de reducir drasticamente o seu volume de negocio e o seu persoal, ou endebedarse para poder pagala. Con todo, as maiores perdas non foron económicas. Aquela foi unha época na que se construíron reputacións, mentres outras se destruíron para sempre. Nunca foi máis certa aquela máxima que di que, se queres coñecer a verdadeira alma dunha compañía non debes fixarte en como trata aos seus clientes senón aos seus provedores.

Os agoreiros dicían que, despois da pandemia, a nosa Sociedade nunca sería igual, pero para ben ou para mal, a vida seguiu adiante coma sempre. E para mostra, aquí estou, esperando a Daniel para acabar de pulir o guión do vídeo de presentación da #Tarugo5 que, a pesar de todo, saíu adiante e volverá reunir a 700 persoas baixo o mesmo teito. Tamén nos equivocamos os que cremos que o COVID-19 podería ser, máis aló dun problema, unha oportunidade para cambiar as cousas. Cando era máis evidente ca nunca que debiamos comezar a pensar e actuar de forma global para superar os grandes retos aos que nos enfrontamos como especie -a crise climática, a sobreexplotación de recursos e a aparición de novos virus e enfermidades- os nosos gobernantes decidiron facer todo o contrario. Non é xa que Trump decidise encerrar ao seu país aínda máis en si mesmo, prolongando a prohibición de entrada aos estranxeiros non residentes -entre outros, aos españois- é que nosa propia Unión Europea apenas conseguiu acordar unha estratexia común e os países máis ricos só axudaron de mala gana aos máis pobres, cando estes ameazaron con bloquear calquera iniciativa comunitaria, nunha Europa que pareceu de todo menos unida.

Pouco tardaron algúns políticos en aproveitar a crise para presentar unha falsa dicotomía entre a Saúde Pública e a Privacidade Individual, cando a realidade é que podemos e debemos gozar das dúas. O coronavirus amosounos dúas formas de enfrontarse a unha ameaza global: con transparencia -proporcionando toda a información e empoderando aos seus cidadáns- como fixo Corea do Sur; ou con opacidade -restrinxindo os seus dereitos e liberdades- como fixo China. Sorpendentemente, as democracias occidentais elixiron a segunda opción e nos programas matutinos «para xubilados e rexoubeiros» -o verdadeiro termómetro da opinión pública dun país- discútese sen pudor a posibilidade de obrigar a toda a poboación a levar un brazalete biométrico que nos xeoposicione constantemente e transmita as nosas constantes vitais básicas polo «ben común». Mentres seguimos encerellándonos en discusións sobre se Pepiño ou Manoliña lidarían mellor co COVID-19, nunca acabamos de debater con serenidade e profundidade como debería ser o sistema que os mesmos xestionan.

Fai seis meses, non tiñamos NIN IDEA do que ía pasar. Nin eu nin ninguén. Calquera predición estaba baseada máis na ilusión ca na razón, pero si tiña claro que se o COVID-19 non nos facía revisar a nosa escala de valores e principios daría igual o número de pacientes curados nin importaría que a economía se recupera máis pronto que tarde, fracasariamos como Sociedade e como especie. Por iso empecei este diario. Para lembrar. Para non esquecer.

Bonilista publicada gracias al apoyo de Datos101 

El brote del COVID-19 ha obligado a muchas empresas a adoptar el teletrabajo de un día para otro, desplegando la infraestructura necesaria para hacerlo en un tiempo record y -en muchas ocasiones- sin poder implementar todas las herramientas y procesos necesarios para proteger el trabajo realizado por sus empleados.

Desgraciadamente, siempre hay alguien que intenta aprovecharse de estas situaciones para robar ordenadores en oficinas poco frecuentadas; o acceder a los mismos de forma remota para apropiarse de datos sensibles con los que chantajear posteriormente a las compañías propietarias de los mismos.

Por eso, la startup española Datos101 ha decidido que -para ayudar a todas esas empresas y autónomos- cualquiera pueda usar todos sus productos de almacenamiento, backup y recovery de forma gratuita durante al menos un mes. Para conseguirlo, sólo tenéis que registraros en su web. Os enviarán un enlace para descargar su software de backup y podréis configurarlo para que, durante un mes, todos los empleados de vuestra empresa puedan usarlo sin ningún coste.

Este texto se publicó originalmente en la Bonilista, la lista de correo de noticias tecnológicas relevantes para personas importantes. Si desea suscribirse y leerlo antes que nadie, puede hacerlo aquí ¡es bastante gratis!