A catedrática Nieves Rodríguez Brisaboa, premio Ada Byron 2016

La Voz

RED

O galardón fai visible o traballo da muller no eido informático e representa un xusto recoñecemento á innovación

28 may 2019 . Actualizado a las 17:46 h.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acordou outorgarlle á catedrática Nieves Rodríguez Brisaboa o Premio Ada Byron, mediante o cal recoñece e fai visible o traballo da muller no eido informático. 

A galardoada, quen é doutora en Computación e Psicoloxía, recollerá unha estatuíña conmemorativa o vindeiro día 3 de xuño, dentro dos premios anuais da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Brisaboa é catedrática da Universidade da Coruña da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos e creou en 1996 o Laboratorio de Bases de Datos (LBD,) declarado como grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia, que dirixe desde entón. Debido a que o LBD é moi activo tanto no desenvolvemento de proxectos de I+D como na consecución de proxectos de transferencia e innovación financiados por fondos privados, impulsou en 2002 a creación dunha empresa spin-off denominada ENXENIO S.L. que, baseándose na innovación, comercializa produtos informáticos punteiros.

 A galardoada, que é coruñesa, foi entre 2007 e 2010 xestora do plan galego de I+D+i para a Sociedade da Información, cargo ao que renuncia en 2010 para asumir a responsabilidade de xestora do Plan Nacional de I+D en Tecnoloxías Informáticas hasta 2014. Desempeñou tamén cargos de xestión académica: foi desde secretaria da Facultade a adxunta as Vicerreitorías de Innovación Tecnolóxica (2011-2004) e á de Investigación e Transferencia (2012-2013).