Patrocinado porPatrocinado por

As confrarías, exemplo de cogobernanza pesqueira e marisqueira

José Antonio Pérez Sieira PRESIDENTE EN FUNCIÓNS DA

PESCA Y MARISQUEO

José Antonio Pérez Sieira, votando o 29 de outubro, cando foi reelexido patrón maior de Ribeira
José Antonio Pérez Sieira, votando o 29 de outubro, cando foi reelexido patrón maior de Ribeira MARCOS CREO

04 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha vez rematadas as tomas de posesión dos novos cargos nas 63 confrarías de pescadores galegas, dende esta federación se quere poñer de manifesto e felicitar ás nosas entidades polo esforzo e exemplo de bo facer no proceso electoral realizado.

Debido á consideración de corporacións públicas as eleccións nas confrarías de pescadores son un proceso regulado e avalado pola administración que se debe axustar á normativa concreta e aos prazos aprobados pola Consellería do Mar.

É necesario indicar que este proceso require dun esforzo extraordinario para as entidades que só se pode levar adiante con profesionalidade e bo facer e que son exemplo único e excepcional non só no sector pesqueiro e marisqueiro senón que non existen outras estruturas organizativas profesionais que garantan un proceso de representación profesional de este calibre. A alta porcentaxe de participación avalan a importancia destes comicios para o sector en Galicia e poñen de manifesto o interese do sector en continuar sendo un referente na toma de decisións que afecten aos profesionais do mar.

Queremos destacar tamén o traballo do Servizo de Apoio e relacións coas organizacións profesionais que coordinaron e facilitaron o labor dende a Consellería do Mar.

Dende a Federación Galega de Confrarías queremos dar a benvida aos novos cargos, patróns e patroas maiores e membros das xuntas xerais das confrarías e agradecer ás comisións electorais, ás mesas electorais e aos secretarias e secretarios das confrarías de pescadores o traballo realizado así como desexar que neste período de catro anos as confrarías continúen sendo a mellor fórmula organizativa do sector e exemplo de cogobernanza pesqueira e marisqueira.