Patrocinado porPatrocinado por

Historias da Iccat: a outra Comisión da Pesca

Torcuato Teixeira ASESOR XURÍDICO DA FEDERACIÓN NACIONAL DE COFRADÍAS DE PESCADORES

PESCA Y MARISQUEO

Imagen de archivo de un atunero descargando en el puerto de Ribeira
Imagen de archivo de un atunero descargando en el puerto de Ribeira

18 nov 2022 . Actualizado a las 12:29 h.

A Albufeira é unha zona de Portugal para disfrute dos non portugueses, isto foi o que me espetou a taxista que me levaba ó aeroporto de Porto, camiño de coller vó para Faro onde se ía celebrar a reunión da Iccat (Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico) deste ano.

Agora este “novato” dirixíase ó seu bautizo Iccat representando á FNCP (Federación Nacional de Cofradías de Pescadores) cun pensamiento paralelo ao da taxista: a Comisión de Pesca é unha Institución de xestión da pesca para disfrute dos que non son do sector pesqueiro.

Ase é, un aínda ten moi recenté a falcutrada das vedas no Atlántico, e outras mais que levamos na mochila ós veteranos na pesca, como para non ver á Comisión Europea coma unha contínua pesadela transformada moitas veces en cruda realidade.

Pero o certo é que agora neste organismo rexional da Iccat, onde a Comisión representa a todos os Estados da UE, atópome moi preto de persoas que me representan e xestionan os meus intereses con responsabilidade e gran profesionalidade. Os Jessen, os Xavier, os Fernando e outros nomes anónimos, non son homes de negro para liquidarnos como sector, non. Non percibo un cego odio a todo o que representa o sector pesqueiro europeo; lonxe diso, percibo empatía e vontade de defender a este sector para que a nosa frota sega a facer unha pesca sostible co atún roxo, co patudo, co rabil, etc.

Si, estou ante funcionarios da Comisión de Pesca que saben o moito que se xogan moitos segmentos de frota, sobre todo os nosos artesanais e insulares tan necesitados dalgunha destas especies, e percibo e confío en que farán todo o posible para axudar o sector e garantir a sostebilidade dos recursos.

Si, semella un relato de ficción, pero non, existe outra Comisión, e esa é a que precisa este sector e a sociedade civil para garantir a supervivencia dos pescadores europeos.