Patrocinado porPatrocinado por

O patrón de pesca Anxo Muíños dá unha charla hoxe no Museo do Mar

La Voz CERVO / LA VOZ

PESCA Y MARISQUEO

XAIME RAMALLAL

Ás 18.30 horas, falará sobre mitos do mar

26 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro do ciclo de conferencias dedicado ao patrimonio inmaterial relacionado co mar, este xoves, día 26, ás 18.30 horas, terá lugar no Museo Provincial do Mar (San Cibrao-Cervo) un relatorio de Anxo Muíños, escritor e patrón de pesca, que falará sobre «Mitos do mar. Alén dos barqueiros». Este ciclo de conferencias, baixo o título xenérico «Escoitando o mar», está organizado polo colectivo Mariña Patrimonio coa colaboración da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo. A entrada a este acto é libre ata completar o aforo. O ciclo continuará nos vindeiros días.