Patrocinado porPatrocinado por

Segue o tongo no reparto das cuotas

Xoán López

PESCA Y MARISQUEO

21 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O agora embaixador en Malasia e antes secretario general de Pesca puxo o grito no ceo cando nun momento de desesperación na negociación do reparto das cuotas de pesca o abaixo asinante fixo unha declaración aos medios tachando de tongo a cesión do 98,86 % da cuota de anchoa na zona IX (de Fisterra ao golfo de Cádiz) aos barcos andaluces. Este grito no ceo foi coreado polo sector de Cepesca co seu secretario xeral ao fronte, tachando de insulto dita catalogación do feito de deixar á flota galega in albis.

O que se argumentaba daquela era que a flota galega non pescaba apenas anchoa na zona IX, dado que poucas veces arribaba ás nosas costas, e que no caso de que así fora poderíase aplicar unha fórmula para incrementar in extremis a cuota do 1,14 %. Por parte da delegación galega que negociaba, e de forma unánime, se rexeitou esta proposta, non houbo negociación en absoluto, foi imposición pura e dura.

¿E que pasa cos vascos e cántabros ao respecto deste reparto? Pois que non interviron na negociación para reclamar máis cuota, ¿Razón? Moi simple, pura e simplemente razóns comerciais e loxísticas. Me explico: en canto ás loxísticas, está claro que as flotas de cerco vasca e cántabra non se van a desprazar a Galicia a pescar unha escasa e improbable cuota; en canto as razóns comerciais, eles queren manter o control da venta na casa, non queren que ninguén desprace a comercialización. O mesmo pasa coa xarda. Extranas e confusas razóns empuxan ao actual Goberno, tanto da Xunta como de Madrid, a levar adiante unha política pesqueira a contrapelo da maior flota de baixura do Estado español. Outros exemplos paradigmáticos como son os da sardiña e a cuota portuguesa que ameaza con ir parar á pesca industrial dos barcos de Peniche, dan fe da desidia, desatención e política contraditoria que se aplica aos nosos barcos de cerco. Se isto é así, non queda máis remedio de concluír que segue a haber tongo no reparto das cuotas de pesca para a flota galega de baixura.

Xoán López foi secretario xeral da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.