
El único de estas características que queda en la localidad, la instalación fue objeto de una inspección de Sanidade. La última partida de congrio quedó inmobilizada
19 feb 2022 . Actualizado a las 00:17 h.El alcalde de Muxía, el socialista Iago Toba, ha hecho pública una nota en la que defiende el secadero de congrio que fue objeto de una inspección de Sanidade y cuya última partida quedó inmovilizada. «O descoñecemento e a insensibilidade tráennos ata o punto no que estamos. Pode pedírselle a un artesán que tire toda a produción que fixo coas propias mans, con moitas horas de esforzo e con gran sabedoría? En que argumentos lóxicos se apoia tal esixencia? Para eles, cando traballan o congro están honrando aos seus antepasados, e fano cunha técnica exquisita. Todo un arte. Poden entendelo os señores da Xunta?».
«Como alcalde síntome indignado por este atentado non só a unhas familias que viven desta industria, senón tamén a un oficio que forma parte da nosa historia e da nosa identidade. O secado do congro xunto coa industria do encaixe aguantaron das familias e deron esplendor a unha Muxía que en tempo de inverno non podía vivir da pesca pois os temporais abondan e o nordés bate forte», dice Iago Toba.
También destaca el interés turístico que tiene esta forma de tratar el pescado. «Os secadoiros de congro de Muxía son un orgullo para nós. Porque falan de quen somos e de onde vimos, e están en pé pola vontade e esforzo de persoas que aguantaron dunha tradición que está funcionando dende a Idade Media. Deberían estar protexido, e as persoas que os rexentan merecen un monumento polo esforzo e polo respecto que mostran pola nosa cultura e identidade», señala. Dice además el alcalde muxián que hay que hacer valer los dos secaderos de congrio que se mantienen como bien cultural. Toba mantuvo una reunión con la familia Diz para trasladarles su apoyo. Puedes leer su comunicado íntegro, clicando aquí.


Os secadoiros de congro, patrimonio a protexer
Hai uns días espertamos coa triste nova de que Sanidade daba un golpe definitivo aos nosos secadoiros de congro.
Dende hai un tempo estamos asistindo a un desmantelamento da forma de vida da costa. Normas e prohibicións que dan as costas aos oficios tradicionais e baseadas solo nunha total insensibilidade e descoñecemento do que é a nosa vida. Creo que incluso distan de ser medidas intelixentes xa que falamos continuamente da alternativa do turismo como proposta de futuro. Mais se queremos ofrecer un turismo de calidade haberá que ter algo máis que terraza e praia. O turista tamén quere mergullarse na cultura e ver que ofrece o lugar. E dende o Concello de Muxía podemos asegurar que hai un número de chamadas inmenso preguntando polos secadoiros de congro. As actividades e visitas guiadas levadas a cabo nos mesmos sempre foron un éxito.