Patrocinado porPatrocinado por

Mexillón de Galicia preséntalles aos seus socios as conclusións do programa Acuieco

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

ACUICULTURA

MONICA IRAGO

Joaquín Garrido, secretario xeral do Consello Regulador, púxose co obxectivo de avanzar cara a unha acuicultura máis sustentable buscando unha mellor xestión dos materiais utilizados no cultivo

10 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O proxecto Acuicultura Sostible e Economía Circular (Acuieco), liderado polo Consello Regulador do Mexillón de Galicia, viviu onte a súa xornada final nun acto que contou coa presenza de representantes do sector e dos socios científicos que colaboraron no desenvolvemento do mesmo desde que Acuieco comezou a súa andaina en decembro de 2019. Joaquín Garrido, secretario xeral do Consello Regulador, lembrou aos asistentes que Acuieco púxose co obxectivo de avanzar cara a unha acuicultura máis sustentable buscando unha mellor xestión dos materiais utilizados no cultivo de mexillón en Galicia, un cultivo que se desenvolve no ámbito do espazo mariño das Rías Baixas, pertencente á Rede Natura.

O proxecto contou coa axuda da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Tamén tivo a colaboración de socios científicos, inicialmente do Instituto Español de Oceanografía e despois do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. Investigadores de ambas as dúas entidades estiveron presentes na xornada que se desenvolveu no día de onte xunto a Saleta González Pimentel, responsable da empresa Equilátero, que colaborou tamén no desenvolvemento deste proxecto.