Autoridades e público en xeral participaron no acto enmarcado no centenario do pósito; o orixinal mural contén redeiros, mariñeiras e homes «sirena»
28 oct 2024 . Actualizado a las 08:17 h.Un mural inspirado nas historias vivas de mulleres e homes vinculados ó mundo do mar foi inaugurado este sábado pola tarde nas fachadas exteriores da Confraría de Pescadores de Burela. O patrón maior, Basilio Otero, presidiu un acto no que participaron diversas autoridades, como o conselleiro do Mar, o mariñán Alfonso Villares, ademais de público en xeral, e que serviu para continuar coa conmemoración do primeiro centenario do pósito burelense.
O proxecto do mural foi realizado polos artistas locais Belén Mogo e Martín Lestao, en colaboración con Héctor Manasé e Diego Domínguez, e contou coa financiación do GALP A Mariña-Ortegal. Durante o encontro de onte, que foi aberto á xente, tamén se presentou un libro conmemorativo da efeméride e estreouse un documental audiovisual.
O mural é inclusivo, integrador, e vense nel homes redeiros, mulleres mariñeiras, xente do mar de Cabo Verde e doutras nacionalidades e ata homes como sereas.