Patrocinado porPatrocinado por

«Mexillonaria» unha curta que afonda no traballo nas bateas

SOMOS MAR

MARCOS CREO

A obra de Pablo Chouza é froito dun proxecto colaborativo entre Mulleres Salgadas e a organización de bateeiros Aspromeri

21 oct 2024 . Actualizado a las 14:40 h.

Contada por unha moza bateeira, Celia Herbón, a última curtametraxe documental de Pablo Chouza, afonda na importancia económica e cultural do cultivo desde bivalvo na ría de Arouxa. A obra leva por título Mexillonaria e tamén inclúe testemuñas de Flora Fernández, unha muller xa retirada que traballou como bateeira e o carpinteiro naval en madeira Gerardo Triñanes. Dado que Boiro ten un papel protagonista, foi neste municipio, concretamente na Abadía de San Enrique, donde tivo lugar a presentación. Mexillonaria é froito dun proxecto colaborativo entre a entidade Mulleres Salgadas e a organización de bateeiros de Rianxo Aspromeri. Está financiado por GALP Ría de Arousa e pola Xunta e será presentado en diferentes festivais nos vindeiros meses.