Patrocinado porPatrocinado por

O Centro da Conserva da Illa recibe un recoñecemento do Ministerio de Agricultura y Pesca

La Voz A ILLA / LA VOZ

SOMOS MAR

MARTINA MISER

O seu proxecto foi incluido na «Memoria de Buenas Prácticas en el ámbito municipal rural»

11 dic 2022 . Actualizado a las 09:41 h.

O Centro de Interpretación da Conserva e Muelle de Pau posto en marcha polo Concello da Illa de Arousa foi un dos 30 proxectos elixidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación para ser incluído na «Memoria de Buenas Prácticas en el ámbito municipal rural», na que recompila proxectos que se desenvolveron noutros tantos municipios de toda España por mellorar a vida dos seus habitantes nos planos social, cultural, asociativo ou económico. O ministerio ve a iniciativa da Illa como un modelo de compromiso co futuro das súas vilas e motivo de inspiración para outros territorios, segundo informa o Concello.

No Centro da Conserva o visitante pode vivir unha experiencia inmersiva para coñecer como era o traballo feminino, principalmente, nas conserveiras naquela época. É posible mediante realidade aumentada e tomando como punto de partida a fábrica de conservas de Goday rehabilitada, do século XIX.

Trátase dun proxecto que saíu adiante co apoio do GDR local, cun orzamento de 35.800 euros, e que está en constante renovación, ampliando os dispositivos e mellorando os contidos. Pode visitarse de xeito individual ou ben facelo coas gafas de realidade aumentada, con volumes en 3D, e unha aplicación, dispoñible en iOS e Android, que explica a visita en función do lugar no que o visitante se encontre na fábrica.