Patrocinado porPatrocinado por

O Porto de Vilagarcía convoca a contratación de oito policías, incluída a dun xefe de equipo

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

SOMOS MAR

MONICA IRAGO

O prazo de presentación de candidaturas rematará aos 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia

08 nov 2022 . Actualizado a las 08:05 h.

A Autoridad Portuaria de Vilagarcía vén de convocar a apertura dun proceso de contratación por procedemento de concurso-oposición de nove traballadores baixo réxime de persoal laboral fixo. A oferta de emprego inclúe a cobertura dunha praza de técnico económico financeiro e outras oito para o corpo da policía portuaria, unha delas para xefe de equipo cun contrato de relevo a xornada completa.

Para aspirar ás prazas de policía portuario é preciso ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación ordinaria. Tamén posuír a titulación da ESO ou dun grao medio de FP, ou ben unha titulación equivalente e homologada de terse cursado esta no estranxeiro. Dispoñer do carné B, dun certificado médico que descarte incompatibilidade co desempeño das funcións do posto, e non ter sido separado, despedido ou inhabilitado de funcións no sector público son outros dos requisitos. A parte da oposición sumará un 90 % da nota final dos aspirantes, un 60 % da referida ás competencias técnicas e un 30 % ás competencias xenéricas, procedendo o 10 % restante da fase de concurso.

No tocante á praza de técnico económico financeiro, a principal diferenza en materia de requisitos refírese á titulación mínima requirida, neste caso, un grao superior de FP. A fase de oposición sumará para este posto un 85 % da nota final e a de concurso o 15 % restante.

Os interesados teñen toda a documentación e os temarios dispoñibles na sede da Autoridad Portuaria ou na súa web, www.portovilagarcia.es. O prazo de presentación de candidaturas rematará aos 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.