Patrocinado porPatrocinado por

Marta Lado, actriz: «O que se ve nas praias cos plásticos é un absoluto desastre»

María Meizoso CARBALLO / LA VOZ

SOMOS MAR

Jose Manuel Casal

ECOVOZ 2022 | A fisterrá falou en Radio Voz sobre medio ambiente e coidado do entorno

04 abr 2022 . Actualizado a las 08:01 h.

Para a actriz fisterrá Marta Lado, o coidado do noso entorno é algo que está máis que presente no seu día a día. «Ata me sinto culpable cando fago algo que non está ben ou cando merco un artigo que ten moito plástico», recoñece.

 —Un intenta non facelo, pero ás veces é difícil conseguilo.

—Penso que as campañas tiveron éxito porque ademais é algo moi visible, por exemplo na costa. O que se ve nas praias é un absoluto desastre. Cada un temos que poñer da nosa parte para tratar de atallalo. É unha necesidade que imos palpando todos.

—Na etapa escolar, xa era consciente?

—Si que tiñamos algunha actividade, pero penso que non eramos conscientes do grave que era o asunto. Aínda hoxe hai adultos que o ven como unha tontería. Isto vai moi acelerado e non chegamos a tempo.

—Entrando na súa casa... como se organizan nela?

—Intentamos reciclar os orgánicos, os papeis, o plástico e o vidro. O meu compañeiro Óscar é bastante máis meticuloso ca min. Se, por exemplo, nunha bolsa de cartón hai unha tira de plástico, arríncaa e separa correctamente. Eu déixome ir máis. Ademais, intento non comprar en exceso e, dende un tempo cara aquí, intento mercar menos roupa e que sexa de materiais sostibles.