Patrocinado porPatrocinado por

O BNG demanda prezos mínimos no peixe que garantan uns ingresos sostibles

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

SOMOS MAR

Cedida

Ana Miranda e as deputadas Rosana Pérez e Carmela González mantiveron un encontro coas confrarías de Muros, Malpica e Fisterra

11 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A voceira do BNG en Bruxelas, xunto ás deputadas Rosana Pérez, Ana Miranda e Carmela González, mantiveron unha rolda de contactos con representantes das confrarías de Muros, Malpica e Fisterra. Unha das demandas dos nacionalistas que se garantan prezos mínimos do peixe que garantan uns ingresos sostibles á xente do mar.

Deste xeito, as representantes do BNG apoiaron a proposta do sector para que na explotación mercantil dos recursos mariños sexan establecidos valores mínimos para determinados produtos, ao tempo que se reclama a rebaixa do IVE do peixe.