Patrocinado porPatrocinado por

Puerto de Celeiro celebrou cos escolares o Día Mundial dos Océanos

La Voz VIVEIRO/ LA VOZ

SOMOS MAR

Actos polo Día Mundial dos Océanos no colexio de Celeiro
Actos polo Día Mundial dos Océanos no colexio de Celeiro XAIME RAMALLAL

As nenas e nenos aprenden a coidar o mar e a natureza

09 jun 2021 . Actualizado a las 10:10 h.

A Organización de Produtores Pesqueiros Puerto de Celeiro celebrou este martes o Día Mundial dos Océanos cos escolares desa localidade viveirense. Houbo charlas e actividades relacionadas coa protección do medioambiente no colexio de Celeiro a cargo de María Calvo e David Torres. As nenas e nenos de Celeiro, moitos deles cun o varios familiares traballando no sector pesqueiro, herdan un mar e unha natureza que deben aprender a coidar mellor que os seus maiores. Os escolares xogaron cun test tipo Trivial relacionado co medio mariño específico para o alumnado de Primaria