Últimos días para presentar candidaturas ao Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2026

Somos Agro REDACCIÓN

SOSTENIBILIDAD

Bodega en Riotorto, Lugo.
Bodega en Riotorto, Lugo. FUNDACIÓN JUANA DE VEGA

POden concorrer intervencións privadas feitas en Galicia

30 jun 2026 . Actualizado a las 10:33 h.

O venres remata o prazo para a presentación de candidaturas ao Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2026 na categoría Patrimonio construído e a súa contorna. A convocatoria, segundo apuntan dende a Fundación, busca recoñecer intervencións exemplares de recuperación e posta en valor do patrimonio construído e da súa contorna paisaxística realizadas en Galicia.

Poden concorrer ao premio intervencións privadas realizadas en Galicia e finalizadas entre os anos 2023 e 2025 que destaquen pola recuperación e posta en valor do patrimonio construído e da súa contorna. O galardón está dotado con 6.000 euros e o xurado poderá conceder ata dous accésits de 1.500 euros cada un. As candidaturas poden presentarse por correo postal ou de forma presencial na sede da Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña), en horario de 9:00 a 14:00h. O xurado estará presidido polo arquitecto portugués Gonçalo Byrne, unha das figuras máis recoñecidas da arquitectura contemporánea da Península Ibérica. Xunto a el participarán profesionais de referencia dos ámbitos da arquitectura, o patrimonio e a cultura: Teresa Táboas Veleiro, doutora arquitecta e membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos; Covadonga Carrasco López, arquitecta en CREUSeCARRASCO; Concha Losada, presidenta do Museo do Pobo Galego; Jesús Sánchez García, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela; Luciano González Alfaya, decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; e Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega. A secretaria será Inés Santé Rivera, directora da Área de Paisaxe e Territorio da Fundación Juana de Vega. 1 NOTA DE PRENSA Na avaliación das candidaturas valorarase a calidade da intervención, a súa contribución á mellora da paisaxe, e a incorporación de criterios de sostibilidade, uso racional dos materiais, estratexias de proximidade e economía circular. Tamén se terá en conta a adecuación da intervención realizada aos usos previstos e a súa capacidade para converterse en referente de boas prácticas.