Patrocinado por

Rubén Lois González: «Ten que haber un mapa de enerxía que protexa o patrimonio de Galicia fronte aos parques eólicos»

Uxía Carrera Fernández
UXÍA CARRERA LUGO / LA VOZ

SOSTENIBILIDAD

Rubén Lois González es profesor e investigador en la Univesidade de Santiago de Compostela
Rubén Lois González es profesor e investigador en la Univesidade de Santiago de Compostela PACO RODRÍGUEZ

O catedrático de Palas de Rei imparte en Triacastela o curso «Paisaxes con enerxía» onde reflexiona sobre un necesario cambio das estratexias enerxéticas e descubre os Plans Básicos Municipais como unha nova ferramenta de protección

27 jul 2021 . Actualizado a las 09:36 h.

Galicia está tendo un papel protagonista na «transición verde» cara as enerxías renovables. O territorio galego é predilecto para a creación de parques de enerxía, pero para o catedrático de Palas de Rei Rubén Lois González, deben establecerse uns límites que respecten a paisaxe e o Patrimonio. Entre aluvións de peticións privadas para construír, por exemplo, centrais eólicas, e unha gran resposta contraria veciñal, o lucense imparte en Triacastela, xunto a arquitecta ourensana Marta Somoza, un curso denominado «Paisaxes con enerxía» para reflexionar sobre as estratexias a seguir. Terá lugar do 1 ao 4 de setembro no CEIP Eduardo Cela Vila.

—O curso parte da actualidade?

—Claro, do debate actual que nós queremos expor. A enerxía do título deste curso é aquela que teñen en si as paisaxes, por exemplo, do Camiño que poden motivar aos peregrinos a chegar a Santiago. E hai un problema de fondo que é moitos espazos rurais e en despoboación agora son as zonas para colonizar polos eólicos, que non está mal como modelo enerxético. Ten que haber un mapa que limite esta situación.

—Cal é ese mapa?

—Dende a Universidade defendemos un mapa de enerxía de Galicia. Non é un mapa de privatización do que lle toca a Iberdrola ou a Naturgy. Senón un que determine as zonas que son incompatibles cun patrimonio mundial que ten un valor paisaxístico. O debate é o seguinte: hai espazos que poden acoller hortos solares ou xeneradores pero hai outros nos que, por valor patrimonial, é inconveniente que se instalen. En Lugo están Os Ancares, O Courel, o Camiño ou a Ribeira Sacra, que se intenta que sexa Patrimonio da Humanidade e o propio informe di que hai plan enerxéticos que vulneran a visión paisaxística.