Patrocinado porPatrocinado por

Recoñecemento ao papel das mulleres no rural

Somos Agro REDACCIÓN

SOSTENIBILIDAD

Sandra Alonso

Festiletras, Iría García do taller de artesanía VacaTola; Mari Luz Gómez Fernández, da Granxa O Castiñeiro, e a xornalista María Cedrón recolleron os recoñecementos feitos pola Deputación da Coruña e Fademur nun acto informal celebrado na Granxa O Castiñeiro

23 oct 2020 . Actualizado a las 21:29 h.

No lugar de O Piñeiro, en OrdesMarí Luz Gómez Fernández ten a súa casa familiar. Pero un día de hai quixo transformala nunha granxa, O Castiñeiro, que adicou á cría de galiña de Mos. A Marí Luz tiráballe o campo e outro día deu un paso máis mercando dúas vacas cachenas «para a casa». Pero despois daquelas dúas cabezas de gando viñeron máis. Hoxe Mari Luz manten un corral con más ou menos setenta pitas e un rebaño dunhas cincuenta vacas cachenas no lugar de Brañas, na parroquia de Papucín, en Frades. Máis de doce anos despois de que esta muller se convertera en gandeira de primeira xeración, a venda de ovos e galiñas para consumo é a súa principal fonte de ingresos. Porque tamén incuba os ovos na granxa, fai recría e comercializa algún pito para outras granxas de galiña de Mos. Todo iso o complementa coa comercialización directa en lotes de carne dos animais que cría en Frades. E como fan moitas das mulleres que viven no rural galego compaxina ese traballo diario na explotación, ao que lle axuda o seu fillo, co coidado da súa nai e colabora co coidado dos sogros.

Sandra Alonso

O día a día de Mari Luz foi razón de sobra para facela merecedora do recoñecemento ao compromiso co sector primario e co territorio outorgado pola Deputación Provincial de A Coruña coa colaboración de Fademur Galicia no contexto do Día Internacional das Mulleres Rurais. E foi na súa granxa de Ordes onde este ano se entregaron os recoñecementos ao resto de mulleres que traballan no ou a prol do rural. Foi un acto íntimo debido a que as medidas para previr o coronavirus covid-19 impedieron a tradicional xuntanza de medio millar de mulleres das distintas entidades que compoñen Fademur. Na granxa de Mari Luz, que recibiu o seu recoñecemento da man do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, xuntáronse ao aire libre o resto de galardoadas. 

Sandra Alonso

Julia Bermudez foi a representante de Festiletras, unha iniciativa levada a cabo na aldea de O Couto en Ponteceso que foi merecedora do recoñecemento á súa achega ao mundo da cultura, a lingua e as artes, un galardón que lle entregou o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso. Porque nese lugar da parroquia de Cospindo de apenas 150 habitantes convértese dende hai anos por uns días no centro da cultura, da arte, da música, das tradición e os oficios. Cada ano dende hai máis de trinta, Festiletras renova a súa oferta de música, cultura, obradoiros, mostra artesá, demostracións de oficios, xogos populares... tratando de achegalo á xente de distintas idades que se achega pola aldea do Couto, no que os espazos comúns e os privados están a disposición dos visitantes e do encontro cultural. Así a Casa das Veciñas, a Eira de Gervasio ou a da Cantexa, son de súpeto lugares de encontro de grandes artistas da galegos, con un público chegado de tódolos lugares. Para a organización de esta actividade e outras que se levan a cabo no Couto, hai unha tradición entre a veciñanza de participación, de alianza, de colaboración e de voluntariado, no que cada quen aporta o seu tempo e o seu mellor saber. Neste intercambio tamén hai unha compoñente de colaboración interxeracional que fai de este proxecto unha aposta singular.

Sandra Alonso

E igual de pegados á terra son os traballos de Iria García Pérez, do taller de artesanía Vacatola de Ferrol. Esta muller, que recibiu o recoñecemento pola posta en valor dos nosos productos e da nosa artesanía da man do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, mantén xunto coa súa parella un pequeno obrador onde deseñan e elaboran complementos en coiro. Utilizan para as súas creacións peles procedentes de curtidurías ecolóxicas, traballando de xeito exclusivo con curtidores tradicionais, nos que so se usan para o traballo do curtido taninos de orixe vexetal que respectan o medio ambiente. Nos seus deseño podemos ver elementos decorativos moi ligados á natureza e ás artes e as tradicións galegas, mesmo algunhas das súas creación levan nomes como: terra, campá, esquecemento, estrelamar, cachena, puchiño, carballo... O seu sempre foi a comercialización directa, o contacto coa xente, por iso ata hai ben pouco o seu xeito de dar a coñecer o seu produto foi fundamentalmente a presenza en feiras tradicionais, feiras medievais e feiras de artesanía. Este ano, debido á situación de pandemia que estamos a vivir, que obrigou á ou non celebración de moitos eventos nos que viñan participando, tiveron que facer un esforzo por reinventarse e encara esta nova situación. Non deixaron por elo de facer un produto de calidade, avalado polo selo de Artesanía de Galicia, e nos últimos tempos, tampouco deixaron de facer o esforzo por estar presentes no espazo virtual, apostando por unha imaxe coidada, e achegada tanto nas súas redes sociais como na súa tenda online. Recentemente apostaron por abrir un pequeno punto de venta na cidade de Ferrol, aínda que a súa vocación e as súas raíces seguen estando no rural. 

Sandra Alonso

E o recoñecemento ao compromiso coa igualdade e o medio rural foi para María Cedrón, xornalista de la Voz de Galicia e deste portal Somos Agro, que despois de recibir a figura conmemorativa de mans da presidenta de Fademur Galicia, Rosa Arcos, quixo facer extensivo ese recoñecemento a todas as mulleres que traballaron e traballan no medio rural porque, ao fin e ao cabo, o traballo dun xornalista é darlles voz.