Patrocinado porPatrocinado por

Igualdade destaca o papel do asociacionismo entre as mulleres do rural

Somos Agro REDACCIÓN

SOSTENIBILIDAD

XOSE CASTRO

Susana López Abella e a presidenta de Agamur destacaron a importancia do emprendemento

04 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A igualdade real das mulleres que viven e traballan no medio rural. Esa é unha das cuestións que abordou este mércores a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a presidenta da Asociación Galega de Mulleres Rurais (Agamur). Nun encontro telemático falaron do papel das mulleres e como o emprendemento e a ferramenta para impulsar esa igualdade real e de como o asosacionismo contribúe a que manteñan unha comunicación fluida entre elas. 

Para lograr esa igualdade tamén coincidiron na importancia de habilitar medidas de conciliación persoal, familiar e social nun marco de corresponsabilidade. Porque no rural galego  todavía está moi enquistado o traballo múltiple que teñen que desenrrolar as mulleres, non só na granxa, tamén ao ser elas, sobre todo,  as que toman as rendas do coidado de maiores dependentes ou dos fillos.  a condición da muller