Patrocinado porPatrocinado por

Unións Agrarias advirte que o recorte da PAC frearía a transición ecolóxica e o benestar animal

Somos Agro REDACCIÓN

SOSTENIBILIDAD

Vacas frisonas de leche pastando en un prado de la localidad de Pereira, en Chantada
Vacas frisonas de leche pastando en un prado de la localidad de Pereira, en Chantada ROI FERNÁNDEZ

Advirten que sen axudas os gandeiros e agricultores non van poder asumir a súa reconversión

21 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Bruselas aposta pola producción sostible, o benestar animal e a protección do medio ambiente. Pero eses obxectivos dos qu,e no caso dos retos medioambientais fan bandeira os países do norte, non van poder cumprirse no caso de que a proposta de recortar nun 10 % o presuposto da PAC e nun 25 % os fondos para deenvolvemento rural vaia adiante. É o que advirten dende Unións Agrarias, organización que recorda que a reducción deses fondos «vai a supoñer en Galicia a perda de toda posibilidade de loita contra o despoboamento e a renovación xeracional na titularidade das explotacións». Ao seu xuizo iso se traduce en máis abandono da actividade agraria, lumes forestais e desertización do rural. De ahí que a organización agraria «esixe as administracións unha defensa frontal das axudas porque dificilmente se pode acceder a unha xestión do territorio e a unha produción mais ecolóxica e con mellores cotas de benestar animal, se ao mesmo tempo se recortan o fondos para poder realizar dita transición».

A cuestión é que, como din, «os produtores galegos non van a poder acometer as reconversións nos modelos de actividade que se ven no horizonte, sen as ferramentas normativas que equilibren a cadea de valor e a formación de prezos e moito menos se a Comisión destina os fondos agrarios a protección de fronteiras ou a outros capítulos de gasto». Un dos retos que teñen enriba é, por exemplo, a xestión eficiente dos puríns.