Patrocinado porPatrocinado por

O Leader apoia un centro de negocios en Lalín

Somos Agro REDACCIÓN

SOSTENIBILIDAD

-

O director de Agader recorda que está aberta a convocatoria de axudas para este ano e o que ven

04 ene 2020 . Actualizado a las 11:12 h.

Lalín conta dende o mes pasado cun centro de negocios no que, ademáis as empresas da zona poden optar a alugar algún dos once despachos totalmente equipados, unha sala de reunións e outra de formación. A iniciativa, financiada con 200.000 euros procedentes dunha axuda do programa Leader xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Norte foi visitada polo director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, que estivo acompañado polo alcalde de Lalín, José Crespo, e polo presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Norte (GDR 16), Luis López Diéguez. O recinto, de 850 metros cadrados, está distribuido en dous andares e está ubicado no Parque Empresarial Lalín 2.000 co obxectivo de facilitar e incentivar a actividade económica neste espazo, proporcionando os servizos e instalacións precisas para dinamizar o traballo dos empresarios e emprendedores da contorna. 

Durante o paseo polo novo centro de negocios, segundo adiantou a Consellería de Medio Rural nun comunicado, o director xeral de Agader destacou a incidencia positiva que ten a medida Leader no desenvolvemento rural, tanto desde o punto de vista estritamente económico como social e cultural. Pérez Dubois puxo en valor o apoio que se presta a través destes fondos tanto a proxectos produtivos como non produtivos (aqueles que teñen unha orientación sociocultural), inxectando recursos para favorecer a creación de riqueza e emprego no rural.

Neste sentido, o director xeral de Agader lembrou a recente convocatoria, mediante a súa publicación no DOG, das subvencións do Leader correspondentes a 2020 e 2021. Unha convocatoria dotada con máis de 6,6 millóns de euros e a que pode optar calquera persoa ou entidade a través dalgún dos 24 GDR distribuídos polo territorio galego. Os GDR xestionan as axudas, cofinanciadas nun 75 % polo Feader, nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Xunta de Galicia.