«O rural mudou moito. Agora é moi plural e multisectorial»

Aproveitando a apertura do prazo ata o día 30 deste mes para presentar proxectos na nova edición do Programa de Apoio a empresas Agroalimentarias, o director da Fundación Juana de Vega, Xosé Manuel Andrade Calvo, recorda que en Galicia «temos unha enorme riqueza sen explotar axeitadamente».


redacción

No sector primario galego hai moito que sementar, pero tamén moito que recoller. E para recoller hai que emprender. Impulsar ese emprendemento é precisamente a finalidade do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega que este ano chega a súa oitaba edición. Aproveitando que o prazo para presentar proxectos susceptibles de opter o apoio gratuito da fundación está aberto ata o día 30 deste mes e que este ano, por primeira vez, o asesoramento tamén está dirixido a empresas que xa existen e precisan axuda no seu proceso de consolidación, o director da entidade, o economista Xosé Manuel Andrade Calvo, desgrana cómo é o perfil dos emprendedores que miran ao campo e o tipo de proxectos que adoitan ter entre mans. Porque, como apunta dende a sede da Fundación en San Pedro de Nós (Oleiros), «o rural mudou moito. Agora é moi plural e multisectorial».

_Por qué están apostando os emprendedores que lles teñen presentado proxectos? 

_Son iniciativas moi variadas. De producción de horta para comercialización tanto e circuito corto como para a grande distribución. Porque en Galicia temos productos de grande calidade que están moi valorados polos consumidores polas súas características organolécticas diferenciadas. Proxectos de recuperación de soutos abandonados para a transformación industrial ou para a súa comercialización como producto de alto valor engadido e a súa comercialización a nivel nacional e internacional, recuperación de razas autóctonas, proxectos de valorización de producto, proxectos para producción de planta aromática, que está moi valorada e é moi demandada pola industria farmacéutica. Exemplos son a árnica ou a stevia. Tamén hai proxectos para aproveitar monte comunal ou o proxecto que está en Begonte e que despois de sair de aquí buscou constituiu unha joint venture para facer unha prantación de 73 hectáreas de fresa, frambuesa e arando. Tamén temos proxectos cunha base tecnolóxica para dar servizo a explotacións de gando porcino e que han un control automático da temperatura, a auga ou a alimentación. Tamén hai una aplicación para identificar parcelas e despois determinar as actitudes productivas de cada unha delas e calcular os rendementos hipotéticos que pode ter o terreo. Outra rapaza que foi becaria da Fundación tamén deenvolveu unha empresa de testaxe de productos agroalimentarios para a industria. Hai unha morea de proxectos que son innovadores. Unha das cousas que vemos é que todo isto nos permite ver a cantidade de oportunidades que hai no medio rural en Galicia. E hai que dicir que a idade media dos que presentan os proxectos está en torno aos 43 anos e un 75 % é, xente con formación universitaria. 

_Sorprende que a idade da maior parte dos emprendedores que se achegan supere os corenta anos

__Normalmente é xente con experiencia que detecta unha oportunidade. Tamén diferenciamos dous tipos de emprendedores. Os de oportunidade e os de necesidade. Os primeiros son aqueles que descubren unha oportunidade e a aproveitan tratando de levala adiante. Os segundos son aqueles que non atopan un traballo e entón desenvolven unha idea, pero non coas mesmas ganas de levalo adiante que os primeiros. Ás veces, cando teñen o primeiro emprego o abandoan. 

_Qué precisa o medio rural neste momento en Galicia, qué necesidades hai? Porque moitas veces empréndese por imitación, por modas. 

_No emprendemento hai moda, pero no emprendemento en xeral. No sector agroalimentario está todo máis diversificado con cousas que teñen que ver coa producción e o aproveitamento do territorio. Hai proxectos de mel, forestais, de gandeiría, outros que teñen que ver coa terra. Non apreciamos que neste campo esas modas. 

_Nota que algúns deses emprendedores volvan a explotar cultivos tradicionais?

_En Galicia temos unha enorme riqueza sen explotar axeitadamente. Na fundación impulsamos dous proxectos para a recuperación de 86 variedades autóctonas de Galicia de interese agrario. Dende froiteiras a hortalizas, tomateiras, millo... facemolo en colaboración coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria e os centros de investigación da Xunta, Lourizán e o Evega. Outro proxecto importante é o que temos para promover a recuperación do olivo centenario. Xa identificamos máis de quince variedades únicas de Galicia que hai que recuperar e por ao servizo do sector. Esas variedades son unha oportunidade para os emprendedores. Agora queda unha labor para poñelas a dispor de quen as queira explotar que é unha maneira de preservalas por parte da administración. Neste caso da consellería a través de ofrecer material certificado aos productores a través dos centros de investigación. 

_Un hándicap para moitos emprendedores é chegar ao consumidor ao que lle pode interesar o producto. Cómo se resolve?

_A distancia non é un problema. O importante é o acceso a canle de comercialización, que sexa rendible. A cuestión é atopar a canle axeitada para valorizar o producto. 

_É importante a colaboración entre emprendedores?

_A colaboración resulta moi interesante, sobre todo para abordar mercados de determinado volumen. Traballamos nun proxecto co sector da pranta ornamental e nos comentaban que que ao ser un sector bastante atomizado tiñan pedidos do extranxeiro que non podían abordar de xeito conxunto porque cada un estaba especializado nun tipo de pranta ou as prantas eran de diferente tamaño. Abordamos con eles un proxecto para tratar de facer unha estandarización do producto para poder abordar a demanda nos mercados do extranxeiro. Despois desenrolouse unha norma de calidade que deu lugar á creación de Planta Ornamental de Galicia e agora aqueles productores que traballen baixo ese estándares poidan estar baixo a marca Galicia Calidade. 

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
4 votos
Comentarios

«O rural mudou moito. Agora é moi plural e multisectorial»