Patrocinado porPatrocinado por

A Galicia despoboada, a debate en Viana do Bolo

Somos Agro REDACCIÓN

SOSTENIBILIDAD

Santi M. Amil

O colectivo Revolta, que agrupa oito grupos de investigación, organiza o día 27 deste mes un debate no que falarán de alternativas para que os pobos non esmorezan

14 sep 2019 . Actualizado a las 13:39 h.

Qué alternativas hai en Galicia para loitar contra o despoboamento? Esa é unha pregunta que tratarán de respostar os expertos que se reunirán o 27 de setembro no salón de actos do concello de Viana do Bolo, en Ourense, para debater sobre este tema nunha xornada sobre a Galicia Baleira,  organizada pola rede Revolta, composta por oito grupos de investigación. O que pretenden é afondar nunha preocupación social que é trascendental para o  futuro da comunidade. Como indica o grupo na súa páxina web,«o despoboamento e o envellecemento, que afecta especialmente a Ourense e Lugo debe ser abordado dende múltiples ópticas e a través dun debate». De feito, a xornada articúlase coma un debate aberto ao conxunto da cidadanía. O programa é diverso e pódese consultar neste enlace do colectivo Revolta