Para asistir a esta xornada hai que inscribirse antes
09 jun 2025 . Actualizado a las 11:15 h.A Casa do Mel de Goente organiza unha Xornada abelleira para este domingo, día 8 de xuño, na Casa Dopeso, en As Pontes. Egoitz Galartza, veterinario, apicultor e presidente da federación Iberiensis, falará da mellora xenética da abella negra ibérica (11 horas).
Tamén participará nunha mesa redonda sobre a importancia da selección na abella negra ibérica xunto con Benigno Basteiro e Manuel Ferreira, presidente da asociación organizadora.
E ás 16.30 haberá unha demostración de inseminación de raíñas na Casa do Mel. Inscrición no 661 003 616 ou casadomel@vodafone.es. Colabora o Concello das Pontes.
